Cervo, 2 de marzo, 2026. O alumnado de 1º da ESO do IES Marqués de Sargadelos participou este luns nunha actividade educativa arredor da exposición fotográfica Azores: Oasis Atlántico, do fotógrafo Anxo Cao, que se pode visitar na Sala Xosé Vizoso, no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, no edificio das Carboeiras.
A iniciativa, impulsada polo Concello en colaboración co IES Marqués de Sargadelos e co propio autor da mostra, tivo como obxectivo achegar esta exposición ao alumnado e facilitar un contacto directo coa biodiversidade do Océano Atlántico, ao tempo que se promove a educación ambiental e o respecto polo medio mariño.
A actividade comezou cunha charla introdutoria na que Anxo Cao explicou o proceso da fotografía subacuática, o contexto das imaxes e as principais características das especies retratadas. O alumnado amosou un elevado interese, participou activamente e formulou numerosas preguntas ao autor. A continuación, realizou un percorrido polas instantáneas que compoñen a mostra.
Desde o Concello destacouse a importancia deste tipo de iniciativas educativas, subliñando que “é fundamental achegar a cultura, a ciencia e a concienciación ambiental á xente nova, empregando espazos e propostas de calidade como esta exposición, que permite aprender dun xeito directo e visual”. Tamén se puxo en valor a boa acollida da actividade por parte do alumnado.
O Concello agradeceu igualmente a colaboración do IES Marqués de Sargadelos e a implicación e dispoñibilidade de Anxo Cao, “cuxa participación foi clave para converter a visita nunha experiencia educativa enriquecedora e participativa”.
A exposición Azores: Oasis Atlántico poderá visitarse ata o 8 de marzo, permanecendo aberta ao público durante esta semana nos horarios habituais.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


