O espectáculo forma parte da programación de AGADIC que continuará nas vindeiras semanas con novas funcións en Burela
Burela, 5 de marzo de 2026. O Auditorio de Burela acollerá este sábado 7 de marzo ás 19.00 horas a representación de Molto Barroco, un espectáculo escénico que combina teatro, comedia e música inspirado no período barroco europeo para todos os públicos. A función forma parte da programación cultural promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A proposta de Píscore Teatro sitúa a acción nunha corte real europea de mediados do século XVIII, onde o Rei encarga unha composición musical para un baile de pedida de man, dando lugar a unha sucesión de situacións cómicas e musicais protagonizadas polo compositor da corte, os músicos e un bufón de carácter irreverente.
O espectáculo combina interpretación teatral, humor, danza e música, incluíndo composicións orixinais inspiradas na estética barroca xunto con adaptacións de pezas históricas interpretadas con instrumentos como marimba e xilófono. A montaxe busca achegar a música barroca ao público desde unha perspectiva escénica accesible e afastada do academicismo, empregando a comedia como ferramenta de conexión coa audiencia.
As entradas terán un prezo de 3 euros e poderán adquirirse na billeteira da Casa da Cultura unha hora antes do inicio da función.
A programación cultural vinculada a AGADIC continuará nas vindeiras semanas en Burela con novas citas escénicas: o 27 de marzo representarase A penúltima con Carlos Blanco; o 10 de abril chegará Testosterona, interpretada por Luis Iglesia e Camila Bossa; e o 2 de maio presentarase Dedín dedín dedal, espectáculo musical dirixido ao público infantil e familiar.




















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.


