Lugo, 2 de marzo, 2026. Hoxe soubose da presentación dunha denuncia particular ante a Fiscalía, que anunciou a interposición dunha querela contra José Tomé Roca por feitos que poderían ser constitutivos dun delito de acoso sexual ou dun delito de abuso no exercicio da función pública.
As e os socialistas animan sempre a denunciar, respectando que a decisión de facelo —e o momento no que se fai— pertence única e exclusivamente á vítima.
Nun Estado de Dereito, confían plenamente na Xustiza. Agora corresponde investigar os feitos con rigor e con todas as garantías, respectando tamén a presunción de inocencia, que é un principio básico da democracia.
Ao pasar o asunto á vía penal, e tal e como establecen as normas internas, o PSOE suspende o procedemento que estaba aberto no Canal Antiacoso. Será a Xustiza quen determine o que ocorreu e, se procede, as responsabilidades correspondentes, a partir das que o partido actuará, como sempre, con responsabilidade, coherencia e respecto ás persoas e ás institucións.


















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



