O informe elaborado pola Asociación de Mujeres en las Artes Visuales analizou a programación de 315 museos e centros expositivos de todo o Estado entre 2020 e 2024
Lugo, 2 de marzo de 2026. O informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de Mujeres en las Artes Visuales (MAV) destaca a Rede Museística Provincial como a institución galega que programa máis exposicións de mulleres artistas, un 71,5 % do total.
O estudo, que analiza a presenza de mullleres artistas na programación de museos e centros expositivos de todo o Estado entre 2020 e 2024, recompila as cifras deste período: das 21 exposicións individuais programadas nos museos provinciais, 15 foron de mulleres artistas.
O informe valora tamén a publicación de católogos das exposicións, cunha tirada de 500 exemplares, e a xestión da retribucion das artistas e comisarias, subliñando boas prácticas como a cobertura de gastos de produción, montaxe, transporte e seguro.
O estudo avalía 315 centros de todo o Estado, 23 deles en Galiza, nos que contabiliza 319 exposicións individuais das que 116 – o 36,4% – corresponden a mulleres. A media dos centros galegos é superior á que proxecta a análise no ámbito estatal, onde contabiliza 5.266 exposicións individuais, 1.835 – o 34,8 % -, de mulleres artistas.
A deputada de Cultura Iria Castro destacou que “o informe reflicte o froito dunha aposta sostida dos museos provinciais pola creación artística feminina” e sinalou o “interese destas diagnoses con perspectiva de xénero para avaliar a programación das institucións museísticas pública que, ademais das funcións de preservación e difusión do patrimonio e da creación artística, temos a responsabilidade de fortalecer a igualdade efectiva e corrixir situacións de desigualdade”
A xerente da Rede Museística Encarna Lago lembrou que “o compromiso da Rede coa visibilidade da creación artística feminina se reflicte tamén no apoio aos comisariados femininos ou na adquisición de pezas de mulleres artístas, que están ampliando e actualizando os fondos artísticos dos museos” e destacou tamén “o traballo en proxectos de museoloxía social especialmente dirixidos a fomentar a participación feminina na programación dos museos”.
O informe, realizado en Galiza por María Xosé Fernández Iglesias , conclúe que, en termos xerais e no conxunto do Estado, os datos revelan un desequilibrio que responde a patróns estruturais, que perpetúa un relato artítico incompleto e limita o recoñemento simbólico e económico do traballo das mulleres artistas.
Programación para o mes de marzo
5 de marzo. Museo Provincial de Lugo e Museo de San Paio de Narla
“Facedoras de Lugo, 2025-2026” de Mar Caldas
O vindeiro 5 de marzo -19 horas – inaugúrase o proxecto fotográfico “Facedoras de Lugo”, da artista Mar Caldas. Esta iniciativa forma parte dunha liña de traballo desenvolvida pola autora desde hai máis dunha década co obxectivo de visibilizar a contribución das mulleres ás súas comunidades. Nesta edición, o foco sitúase nas tarefas vinculadas cos animais, principalmente na gandaría, pero tamén na apicultura e na veterinaria.
A mostra fúndase no traballo de campo realizado en concellos como A Pontenova, Guitiriz, Friol, Guntín, Castroverde, Outeiro de Rei, Castro de Rei, O Páramo, Taboada, Monterroso, Becerreá e Ribeira de Piquín. Nestas localizacións documentáronse granxas de diferentes dimensións que, en moitos casos, optan pola produción ecolóxica ou a cría de razas autóctonas. As dez fotografías expostas en ambas sedes museísticas funcionan como unha mostra das ocupacións retratadas e da variedade territorial da provincia.
As imaxes reflicten a diversidade de perfís das mulleres fotografadas, cuxas bagaxes van desde a herdanza familiar de saberes ata a formación académica. O proxecto documenta a incorporación de novas xeracións ao medio rural e o vínculo que estas profesionais manteñen co seu entorno e cos animais. A través destas fotografías, as protagonistas expoñen o seu traballo nun sector estratéxico para a economía, ao tempo que trasladan a súa queixa pola falta de apoio institucional e os obstáculos administrativos que afrontan no seu día a día.
7 de marzo. Museo Provincial de Lugo
“¿Quen ocupa esta cadeira? Cadeira da muller” con Palimoco Teatro
Palimoco Teatro organiza un ano máis esta intervención escénica na que alumnas da súa escola de teatro representan, en diferentes salas do Museo, mulleres que abriron camiño en distintos ámbitos. As persoas asistentes sentan fronte as cadeiras e interactúan coas personaxes, habitando os espazos do Museo con historias. A acción desenvolverase de 11.30 a 13.30 horas.
7 de marzo. Museo do Mar de San Cibrao
As mulleres que navegan a historia
Obradoiro para divulgar a travesía das mulleres nos traballos do mar, desde as pioneiras ata as reivindicacións de dereitos actuais, indagando na historia da comarca da Mariña e da súa xente. Dirixido a nenas e nenos entre 6 e 12 anos.
13 de marzo. Museo do Mar de San Cibrao
Á mesa con Rosalía: memoria dos saberes, memoria dos sabores
Actividade con participación das usuarias e do equipo terapéutico de AFAN Burela na que se afondará na memoria sobre a maneira de alimentarnos e de manter o territorio a partir da obra Roslaía e a cociña. A cociña galega na obra de Rosalía.
14 de marzo. Museo do Mar.
As carolas e os autocoidados no mar de setembro, con Noemí Díaz Orol.
Relatorio incluído dentro do programa “Encontro de saberes. Cousas Nosas”, centrado na figura das carolas ou canouras, mulleres do interior da provincia de Lugo que, despois dos trafegos da terra no verán, ían tomar os baños de setembro ás praias da Mariña, para recuperar os corpos co efecto sanador do mar.






















O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



