Nota de prensa
UNHA PISTA MULTIDEPORTE, OUTRA DE SKATE E DIVERSAS MELLORAS EN RÚAS DA VILA, SON ALGUNHAS DAS OBRAS QUE SE EXECUTARÁN EN BURELA CON CARGO AO PLAN EXTRAORDINARIO DE OBRA PÚBLICA DA DEPUTACIÓN. HOXE ASINÓUSE O CONVENIO EN LUGO.
Burela, 17 de decembro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, viaxou a Lugo para asinar un convenio de colaboración coa Deputación co fin de executar unha veintena de actuacións ao amparo do plan complementario do extraordinario de obra pública. O investimento a realizar, na súa maioría no primeiro trimestre do ano, será dun millón de euros.
O rexedor explicou que “se trata da execución das actuacións realizadas ao amparo do plan extraordinario de obra pública. A Burela correspóndelle un millón de euros, é un investimento que tentaremos realizar en beneficio de todo o mundo. Son obras moi diversas que se notarán en moitos puntos do noso concello”.
A relación é a que segue: a mellora do alumeado público e dotación de mobiliario urbano nas rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán, “esto ven complementar e rematar un proxecto que xa se iniciara o ano pasado”; proxecto técnico de demolición de edificio en Pascual Veiga esquina con rúa da Fontela, “moi importante para Burela, elimina un embudo e abre alí unha posibilidade enorme”; escarificado e renovación en varias rúas da vila, no ensanche, na zona centro e na área do hospital; reposición do mobiliario urbano infantil no parque Tíjola; pista multideporte no parque Rosalía de Castro, “é un proxecto moi demandado e imos procurar que sexa unha realidade de contado”; recrecida e colocación de tapas de saneamento, abastecemento, alumeado e sumidoiros na rede viaria municipal; axardinamento e mellora do alumeado público en Arcadio Pardiñas, “queremos que a entrada do pobo sexa o máis vistosa posible e que lle dea a importancia que se merece ao noso concello. Trátase do remate do iniciado hai un ano”; reforma do alumeado na praza da Mariña e na rúa Manuel Murguía; construcción dunha pista de skate; canalización dun tramo de río Burela; mellora da sinalización horizontal e vertical na rede viaria municipal; canalización da fonte de Vilar e acondicionamento da praza da Igrexa, “consideramos que agora mesmo non está acorde co que debe ser o entorno dese monumento”.
Llano considera que “son obras moi representativas para todo o pobo e agardamos que todo o mundo se beneficie destes traballos”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



