Advirten de que a negativa do PP deixa sen medidas de apoio a afectados polos incendios, autónomos e beneficiarios do bono social e priva a Galicia de case 9.000 millóns de euros en entregas a conta
Lugo, 6 de marzo de 2026. A deputada do PSdeG no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, criticaron o voto en contra dos tres deputados do PP pola provincia de Lugo a diversas medidas impulsadas polo Goberno de España no Congreso incluídas no denominado escudo social. “Os tres deputados do PP por Lugo deben unha explicación aos galegos, e especialmente aos lucenses, polo seu voto en contra, o pasado xoves no Congreso, dos intereses de milleiros de persoas da nosa provincia”, aseguraron.
Segundo explican, este posicionamento afecta a colectivos concretos e a recursos fundamentais para a comunidade. “Deben unha explicación ás persoas afectadas polos incendios forestais que este verán impactaron na nosa provincia e que agora terán que tributar no IRPF cando o Goberno pretendía eximilas. Tamén aos 72.000 autónomos galegos que non poderán beneficiarse dos novos límites que o Goberno establecía para a súa cotización”.
Otero e Mogo tamén lembraron que o voto do PP impide que moitos fogares poidan continuar beneficiándose dos descontos vinculados ao bono social eléctrico e térmico. Ademais, advertiron de que esta decisión supón privar a Galicia de arredor de 9.000 millóns de euros en entregas a conta destinadas ao financiamento dos servizos públicos e ao benestar da cidadanía.
Os representantes socialistas indicaron que estas iniciativas forman parte das políticas sociais impulsadas polo Executivo central e que, ao seu xuízo, o voto dos deputados populares non foi só contra o Goberno: “Todas estas, e outras, son políticas do Goberno de España que conforman o chamado escudo social e fronte ás que os tres deputados do PP por Lugo, sumándose á extrema dereita e ao independentismo catalán, votaron en contra. Non o fixeron só contra o Goberno; fixérono, sobre todo, contra milleiros de lucenses que xa non poderán beneficiarse delas”.
“As débedas dos deputados de Lugo en canto ás explicacións continúan medrando”, engadiron. Neste sentido, César Mogo lembrou que “o deputado Olano aínda debe unha explicación sobre o intento de fraude na votación da Lei de Economía Social no que se viu directamente implicado”.
Do mesmo xeito, Patricia Otero sinalou que o deputado Francisco Conde “aínda lle debe ás e aos lucenses o documento dos seus compromisos inconfesables coa multinacional Altri e da súa participación no engano que se tentou consumar con esta empresa na nosa provincia”.
Ambos dirixentes reclamaron aos deputados populares que aclaren as razóns polas que, segundo indican, “sempre que teñen que escoller entre os intereses das e dos lucenses e a estratexia de confrontación do Partido Popular, nunca optan por defender Lugo”, concluíron.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



