Viveiro, 9 de marzo, 2026. O CCHV pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial con motivo do Día do Pai baixo o lema “A semana de papá”, unha iniciativa pensada para premiar a fidelidade da clientela e incentivar as compras no comercio local.
A campaña desenvolverase do xoves 12 ao mércores 18 de marzo e consistirá no sorteo dun premio sorpresa diario entre as persoas usuarias da App ViveiroCCH. Cada premio está valorado en 200 €, sumando un total de 1.200 € en agasallos.
Durante toda a semana, quen realice compras nos establecementos asociados poderá participar no sorteo a través da aplicación, optando así a gañar un premio que se dará a coñecer cada xornada. Con esta acción, o Centro Comercial Histórico busca dinamizar a actividade comercial nos días previos á celebración do Día do Pai e animar á cidadanía a apostar polo comercio de proximidade.
Desde a asociación destacan que esta campaña pretende converter a semana previa ao Día do Pai nun momento especial para mercar no comercio local, premiando ademais a fidelidade da clientela cun formato de sorteos dinámico e atractivo.
“A semana de papá” forma parte das accións que o Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza ao longo do ano para promover o comercio de proximidade, dinamizar o centro urbano e reforzar o vínculo entre os establecementos e a clientela, sempre coa colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos.
Para participar, as persoas interesadas só terán que utilizar a App ViveiroCCH e seguir as indicacións para entrar nos sorteos diarios durante os días da campaña. Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo realizarase cada día cos tickets do propio día.
O sistema de sorteo será gravado para difundilo posteriormente nas redes sociais, e contactarase directamente coas persoas gañadoras para que poidan recoller os seus premios.
As bases da campaña e toda a información poden consultarse na web www.viveirocentro.com e nos perfís de Facebook, X e Instagram.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



