Nota de Prensa
O deputado popular forma parte dunha ampla delegación de políticos lucenses que acompañaron ao Presidente do PPdeG, Alberto Nuñez Feijoo, na súa visita a Arxentina e Uruguai como candidato á presidencia da Xunta de Galicia
BALSEIRO MANTERÁ UN ENCONTRO CON MÁIS DE 800 MARIÑÁNS RESIDENTES EN ARXENTINA
• O acto terá lugar hoxe martes 2 de decembro ás 19.00 horas na Casa de Palas de Rei.
• Segundo os datos oficiais contidos no cento de residentes ausentes (CERA) preto de 7000 mariñáns viven fóra de España, entre eles 2000 na república Arxentina.
Cervo, 1 de decembro de 2008.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, encabeza unha ampla representación de cargos públicos lucenses que viaxaron a Arxentina co obxecto de manter unha serie de contactos cos mariñáns residentes neste pais de América Latina. De feito, para as 19.00 horas do día de hoxe está previsto un encontro na Casa de Palas de Rei sita no país austral, ao que están convidados preto de 800 mariñáns residentes na Arxentina.
Segundo os datos oficiais contidos no censo de residentes ausentes (CERA) preto da dous millares de persoas procedentes dos concellos da Mariña viven hoxe neste país, moitos deles vinculados as distintas actividades que desenvolven os centros e agrupacións galegas. Os preto de 2.000 mariñáns residentes na Arxentina forman parte dun colectivo de 7.000 mariñáns que segundo o último censo oficial residen fóra de España. Os concellos con máis mariñáns na Arxentina segundo o rexistro do CERA son Lourenzá e Mondoñedo, con cifras que se achegan ao medio millar.
BALSEIRO CON NUÑEZ FEIJÓO
O deputado popular forma parte da ampla delegación que ten acompañado ao Presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, na súa visita a Arxentina e Uruguai co obxecto de dar a coñecer a súa candidatura á Presidencia da Xunta de Galicia. Ao mesmo tempo os populares lucenses queren ter constancia da situación na que se atopan as colectividades galegas nestes países da América latina, as súas problemática, inquedanzas e proxectos. Ao mesmo tempo aproveitarán para reforzar os lazos de unión cos seus respectivos concellos na Mariña.

















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



