Esta iniciativa, financiada con 750.000€ de fondos europeos e que rematará o vindeiro 20 de marzo, incluíu máis de 400 formacións gratuítas e presenciais que se desenvolveron desde o mes de marzo en concellos de menos de 5.000 habitantes
Lugo, 11 de marzo de 2026. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, entregou este mércores en Abadín os diplomas acreditativos aos participantes que veñen de completar algunha das accións formativas que se desenvolveron neste concello no marco do programa da Deputación E para dixitalizarse, Lugo. A través desta iniciativa, que a institución provincial puxo en marcha nos concellos de menos de 5.000 habitantes, realizáronse máis de 400 obradoiros gratuítos e presenciais relacionados coas novas tecnoloxías.
Rivera Capón entregou os recoñecementos aos alumnos e alumnas do colexio Aquilino Iglesia Alvariño, que se formaron no uso seguro e responsable de Internet, no manexo correcto das TIC; e en ciberseguridade, acoso e posibles estafas. Posteriormente, o Deputado achegouse ata o CEIP de Moncelos para entregar os diplomas aos adultos e adultas que aprenderon sobre o uso do teléfono móbil grazas a este programa.
Asegurou Pablo Rivera que “o que pretendemos desde a institución provincial con esta iniciativa é reducir a fenda dixital entre a veciñanza e fomentar a inclusión no territorio”. Recalcou ademais que “neste proxecto, que comezou en setembro e rematará o vindeiro 20 de marzo, participaron unhas 3.000 persoas de diferentes idades e colectivos”.
E para dixitalizarse, Lugo financiouse con 750.000€ de fondos europeos captados pola institución provincial ao abeiro do Reto Rural Dixital, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. As formacións deseñáronse co obxectivo de que os participantes adquiriran ou mellorasen coñecementos sobre o uso do ordenador; a Chave 365; a firma dixital ou a sede electrónica das administracións. Ademais, tamén se impartiron obradoiros sobre a banca electrónica; o uso seguro de Internet; plataformas de alimentación, deporte e vida saudable.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



