Vilalba, 12 de marzo de 2026. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou esta mañá en Vilalba o papel dos concellos e a colaboración do Goberno con eles para ampliar a vivenda social en Galicia. Pedro Blanco visitou xunto á alcaldesa, Marta Rouco, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, o proxecto do Concello de Vilalba para rehabilitar e destinar a vivenda en réxime de alugueiro social as antigas casas dos mestres, sitas na rúa Cuart de Poblet, dentro da área escolar vilalbesa.
Pedro Blanco subliñou que dous de cada tres euros que se invisten en políticas públicas de vivenda en Galicia proceden do Goberno de Pedro Sánchez, “sendo o artífice do cambio que vivirá a comunidade en materia de vivenda, apostando pola social e accesible”. Nese senso, animou á Xunta de Galicia a seguir o exemplo do Goberno e asumir “un maior compromiso” para dinamizar esa transformación “que permita un dos nosos retos máis importantes: garantir o dereito á vivenda”.
Para facelo, o delegado incidiu en que o Ministerio de Vivenda mobilizou máis de 530M€ nos últimos anos, que permiten construír 1.500 vivendas para alugueiro accesible e rehabilitar máis de 18.000 en Galicia, “afondando nesa visión do Goberno pola que a vivenda debe ser entendida como un dereito, mudando o foco que a consideraba como un ben puramente de mercado”. Cos devanditos fondos o Goberno financia tamén programas dirixidos á mocidade, ao rural e á mellora de edificios e barrios, ben sexa en forma de axudas ao alugueiro ou á rehabilitación, poñendo de manifesto a acción integral do Goberno.
Pedro Blanco reafirmou o compromiso co dereito á vivenda, ademais, sinalando que o Goberno “investirá máis, construirá máis, rehabilitará máis e destinará máis fondos para axudas”. É por iso que agarda “o mesmo pola parte da Xunta: maior compromiso e implicación”. Entre as accións do Goberno neste senso, Pedro Blanco lembrou o impulso da entidade estatal CASA 47, que vén de convocar máis de 100M€ para adquirir vivendas privadas en toda España e incorporalas ao parque público para destinalas a alugueiro accesible: “Políticas directas que se dirixen aos problemas da cidadanía”.
“As alcaldesas e os alcaldes xogan un rol clave para confirmar que desde o local tamén se poden dar respostas ao reto da vivenda, algo que demostra Marta Rouco en Vilalba”, salientou o delegado, sinalando que desde os concellos “coñecen de primeira man a realidade dos seus municipios e teñen a capacidade de promover políticas que respondan ás necesidades da veciñanza”. Para todos os concellos, “o Goberno de España será o seu mellor aliado, impulsando a colaboración leal e comprometida entre todas as administracións que operan en reverter o problema da vivenda”.
Actuación do Concello de Vilalba nas casas dos mestres
A intervención nestas seis vivendas individuais, en fase inicial, permitiría crear en cada unha delas novos espazos interiores con cociña e sala de estar, cuartos de baño e varios dormitorios, recuperando así este edificio para destinalo a vivendas de alugueiro social. A alcaldesa, felicitada polo delegado, destacou a importancia deste proxecto, sinalando que desde o Concello buscan “aproveitar o patrimonio municipal que hoxe non está en uso para darlle unha función social que responda ás necesidades actuais da cidadanía”.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



