Foz, 12 de marzo de 2026. A portavoz do goberno local de Foz, Inés López Couto, pídelle ao voceiro municipal do PP que “deixe de difamar ao seu pobo todos os días para ter un oco na prensa”.
“O señor Castiñeira está moi desocupado mandando notas de prensa da mala imaxe que deixou nos edificios do seu pobo, pero botándolle a culpa aos demais”, manifesta a tenente de alcalde e voceira do grupo municipal do PSdG de Foz , que engade: “senón que nos diga o que gastaba en mantemento dalgún dos edificios do Concello, como por exemplo o Bahía, que quedou sen ningunha clase de equipamento na sala”.
Inés López Couto afirma que “é unha vergoña que non recorde como quedou o CENIMA na súa etapa. Un edificio do que recibiu as chaves e que recepcionou sen o recebado das súas paredes laterais. Estas paredes estaban en ladrillo cando chegamos ao goberno e tivemos que arranxalas porque filtraban a auga. Quizais que a fachada estea así teña que ver con iso”, explica a concelleira, que tamén di: “levamos tempo preocupándonos dos edificios, pedindo orzamentos e buscando financiamento para reparar os problemas que teñen, pero todo xunto non pode ser, os recursos son finitos. Agora mesmo vaise firmar o contrato para arranxar a cuberta do Concello, estase concretando financiamento para pintalo e reparar a praza e a fachada. E non perdemos de vista a Casa da Cultura e o Cenima, no que se van substituír as vidrieiras da entrada e os marcos, que están en moi mal estado por culpa do salitre. Nos si nos preocupamos, non miramos cara a outro lado, como facía el”.
López Couto tamén comenta que o voceiro do PP “só se acorda do pobo para a imaxe turística, parece que se lle olvida que hai máis de dez mil habitantes que viven todos os días nel e non necesitan só que se lles lave a cara os edificios senón rúas asfaltadas, equipamentos e servizos que funcionen ben. Non damos escusas cos orzamentos, traballamos co que temos. De non ter orzamentos só pode darnos leccións, que sabe máis ca nós”.
“En lugar de mandar notas de prensa para dicir o mal que lle parece que está todo, pode acompañarnos á Xunta para solicitar un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, como fai o seu compañeiro de partido, o alcalde de Ribadeo, e poder executar coa axuda de todos o arranxo do edificio, xa que tamén hai que ter en conta que parte da propiedade e de Costas e do Club Naútico, que non é so do Concello. Pedímoslle que aporte algo en positivo, que vive metido na dinámica do non polo non e de intentar enlodar todo canto toca”, finaliza a portavoz do goberno municipal de Foz.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



