Nota de prensa
Gómez Besteiro anuncia que a Deputación impulsará o Camiño en 2011 porque “hai máis vida despois do Ano Santo”
– O Castelo de Pambre acolleu a presesentación de Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo; a primeira publicación que inclúe todas as Rutas Xacobeas que pasan pola provincia
– O Presidente adianta que a Deputación está a traballar nunha edición exclusiva do Camiño do Mar, que se incorporará á publicación presentada, para que tamén sexa recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia
– A guía recolle preto de 300 fotografías que amosan todo o patrimonio turístico e artístico dos 33 Concellos polos que pasa o Camiño
– Co obxectivo de poñer en valor o Castelo, dende a Deputación púxose a disposición dos asistentes as guías de Km0 para que ninguén perdese a oportunidade de conecer este espazo único en Galicia
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado, e os autores do libro e colaborador, Aida Menéndez, Jesús Villamil e Horacio Rouco, respectivamente, presentaron no Castelo de Pambre diante de máis de medio milleiro de persoas a primeira publicación de Galicia, que inclúe todos os Camiños que pasan pola provincia. Trátase de Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo; a guía editada pola Deputación dentro de Km0 a Compostela, o programa co que o organismo provincial se converteu na primeira administración cunha programación previa e estable ó Ano Santo.
Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “para nós e para a provincia hai máis Camiño de Santiago e máis vida depois do Ano Santo. Por fin se superou a visión miope de que Lugo só tiña unha Ruta Xacobea, senón que ten varias que levan a Compostela. Neso tamén somos únicos. Nos Camiños non hai competencia, uns non exclúen ós outros”. Neste senso, o máximo mandatario provincial anunciou que, tendo en conta que o Camiño é unha extraordinaria oportunidade para xerar riqueza nos Concellos, e que é un valor que desexan outras Comunidades, “na Deputación imos seguir traballando en 2011 para poñelo en valor, presentando proximamente novas iniciativas neste eido”.
Pola súa banda, Horacio Rouco destacou que “este é o broche de ouro a todo o esforzo do pobo de Palas ó longo destes anos. O libro conmemora a que foi a primeira guía de Rutas Xacobeas, que precisamente se realizou neste Concello en 1965”.
“Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo” contén preto de 300 fotografías que amosan todo o patrimonio turístico, e artístico dos 33 Concellos polos que pasa o Camiño, ademais dunha completa descrición dos catro itinerarios e daquelas rutas secundarias das que é inexcusable a súa visita, xa que teñen un alto valor e interese medioambiental e patrimonial. A este respecto, o autor, Jesús Villamil, agradeceu a colaboración de Horacio Rouco ó tempo que sinalou que “o libro recolle as fichas histórico-artísticas do Camiño e todo o seu conxunto patrimonial”. Todas a persoas que queiran un exemplar deberán poñerse en contacto co Servizo de Protocolo, a trave dos números de teléfono 982 26 00 74 e 982 26 00 75, onde lles tomarán os datos e llelo farán chegar ás súas casas.
A publicación inclúese dentro de Km0 a Compostela, o programa que a Deputación puxo en marcha o 1 de setembro de 2009 e a través do que unhas 1.000 persoas fixeron o Camiño de Santiago en Lugo, ademais doutras personalidades con ampla repercusión mediática dentro do deporte e da vida social galega e española. É o caso do Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, dos colectivos Sociedade Española do Corazón –SEC- e ONCE Galicia; da alpinista Chus Lago, do ex-xogador de baloncesto Fernando Romay e o plantel do Leite Río Breogán, dos campións nacionais de rallye, Sergio Vallejo e Luis Moya; dos directores de medios de comunicación, e “mesmo as Cantareiras deixaron Ardebullo para vir un día a Lugo”, destacou o Presidente.
Publicación exclusiva do Camiño do Mar
A publicación inclúe os catro Camiños: o Norte, o Primitivo, o Francés e o de Inverno, que aínda non foi recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia “e que hoxe voltamos a reivindicar que o faga”. Neste último caso, o anterior goberno autonómico rompera unha lanza a favor presentándoo por vez primeira como Ruta Xacobea na Feira de Turismo de Valladolid e comprometendo o custe da sinalización. A este repecto, Aida Menéndez subliñou que “síntome moi arropouda polo Presidente ó igual todos os Concellos do Camiño do Inverno porque por primeira vez se inclúe nunha publicación”.
Ó igual que se fixo con esta Ruta, Gómez Besteiro anunciou que o organismo provincial xa está traballando para a edición dunha publicación exclusiva do Camiño do Mar, que se incorporará á publicación presentada e para que tamén sexa recoñecida polo goberno executivo galego, “xa que consideramos que ambos os dous teñen o mesmo valor patrimonial e turístico”. A este repecto, engadiu: “este libro, que documenta palmo a palmo o Camiño, é o resultado de máis de tres anos dunha longa investigación e de moitas horas de adicación, por iso non incluímos o Camiño da Mariña. Cando comezamos a xestar esta publicación, nada máis chegar á Presidencia da Deputación, demos cunhas persoas que xa tiñan moito traballo realizado. A de Inverno é unha Ruta que leva máis dunha década documentada a diferenza do que acontece coa Mar, que é moito máis recente, e o libro non se fai en quince días”.
Impulso do Castelo de Pambre
O organismo provincial elexiu esta fortaleza para a celebración do acto, que supón o colofón a todas as actividades desenvolvidas durante o Ano Santo, porque se sitúa no último Concello do Camiño Francés da provincia de Lugo e porque é unha das mellores mostras da arquitectura medieval que existe en Galicia e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña. Por iso, co obxectivo impulsar este espazo único en Galicia, dende a Deputación púxose a disposición dos asistentes as guías de Km0 para que ninguén perdese a oportunidade de conecer este espazo único en Galicia. Precisamente, o Alcalde de Palas lembrou que por esta fortaleza pasaron ó longo deste ano 14.630 persoas, das que o 30% foron nenos.
O acto desenvolveuse nun ambiente medieval, grazas á colaboración do Centro de Artesanía e Deseño, e contou coa presenza de Alcaldes e Concelleiros da provincia polos que pasa o Camiño como a rexedora de Guitiriz, Regina Polín, o de Abadín, José María López Rancaño, ou a de Portomarín, Silvia Rodríguez; ademais de Deputados provinciais, do Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, do Vicerreitor do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, e de representantes de casas de turismo rural da provincia, albergues, asociacións culturais, proveedores de Km0, centros de ensinanza da provincia, e centos de veciños da comarca da Ulloa, que residen nos Concellos de Monterroso, Palas e Antas de Ulla.




















A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.



