Xove, 1 de abril, 2026. O Concello de Xove colabora e patrocina un ano máis a XXII Festa do Polbo, unha cita gastronómica xa consolidada na comarca e organizada polos hostaleiros da localidade. O obxectivo desta celebración é poñer en valor un dos produtos máis emblemáticos das nosas costas e destacar o bo facer da hostalería local.
Nesta edición participan oito establecementos de Xove, que ofrecerán diferentes elaboracións de polbo para amosar a versatilidade e calidade deste produto tan apreciado na gastronomía galega. Os locais participantes son: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Cociña, O Cabaliño, A Fuga, A Cívica, O Refugio e Cafetería Antoxo.
A festa celebrarase o Xoves Santo, 2 de abril, a partir das 13:00 horas. Durante a xornada, os establecementos servirán cazolas de polbo en distintas preparacións ao prezo de 15 euros, convidando a veciños e visitantes a gozar deste manxar nun ambiente festivo.
A partir das 19:00 horas, a celebración contará tamén coa animación musical da A.C. Saíñas e do grupo de percusión da comparsa Habelas Hainas, de Barreiros, que percorrerán os locais participantes para contribuír ao ambiente festivo da xornada.
Os hostaleiros organizadores animan a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse a Xove este Xoves Santo para desfrutar dunha festa que combina tradición, sabor e convivencia, converténdose nun dos eventos gastronómicos destacados da Semana Santa na Mariña.
Na presentación do cartel estiveron presentes o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira Mª Dolores Meitín e representantes dos establecementos participantes, reafirmando a aposta pola calidade do produto e polo dinamismo da hostalería local.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



