Burela, 18 de marzo, 2026. A Escola de Hostalería do IES de Foz acolleu a pasada semana unha nova actividade do proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, promovido pola Fundación Expomar e financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e polo GALP A Mariña-Ortegal.
A xornada reuniu cociñeiras, cociñeiros e responsables dos comedores escolares da Mariña, así como representantes das empresas de catering Eurest e Twity, persoal da residencia da terceira idade de Burela e profesionais de centros de inclusión como Fundación Eu Son e Saúde Mental A Mariña.
Este encontro serviu como preparación para o “Día do Peixe”, que se celebrará na segunda semana de abril. Nesa data, todos estes comedores ofrecerán menús especiais elaborados con produto pesqueiro, unha acción divulgativa que terá impacto en máis de 1.000 persoas da contorna.
Durante a actividade, o alumnado e profesorado da Escola de Hostalería presentaron propostas culinarias con peixe espada, produto que será facilitado pola Fundación Expomar a cada centro participante. As elaboracións propostas foron:
• Ensaladilla de peixe espada
• Peixe ao forno con xuliana de hortalizas
• Boloñesa de peixe espada
• Peixe espada en salsa de hortalizas
As persoas asistentes puideron intercambiar ideas, técnicas e formas de facer o peixe máis atractivo para o público infantil e xuvenil. Ademais, degustaron o “Petisco de Peixe” elaborado pola Escola de Hostalería, que tamén se servirá no Congreso da Infancia e a Adolescencia.
O proxecto, coñecido popularmente como “Xeración Peixe”, inclúe actividades nas que participan diferentes xeracións e sectores: centros educativos, centros de maiores e entidades de inclusión social. Nestes días continúan os obradoiros interxeracionais entre a mocidade do Concello de Burela e persoas usuarias da residencia de maiores, así como novas xornadas de limpeza de praias con alumnado dos IES Perdouro e Monte Castelo.
Todos os traballos realizados desde outubro culminarán no Congreso da Infancia e a Adolescencia, que terá lugar o xoves 30 de abril na Casa da Cultura de Burela. No evento presentaranse os resultados das actividades desenvolvidas, con relatorios e mostras de artesanía, cultura, literatura e gastronomía.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


