Burela, 22 de marzo, 2026. O centro social Xebra! (rúa Leandro Cucurny 19, Burela) acollerá este sábado 28 de marzo, ás 12:00 horas, a presentación de Nadando na incerteza, o novo libro‑disco de Sés. A actividade é de balde e incluirá un coloquio aberto sobre a obra. Ao remate, a artista asinará exemplares, dispoñibles tamén á venda no propio local.
Nadando na incerteza reúne trece temas e trece textos, un traballo no que María Xosé Silvar aposta por unha creación máis austera e honesta, asumindo un maior protagonismo en todo o proceso: composición, gravación e edición. O resultado é un álbum que consolida a súa madurez artística e a súa identidade sonora máis persoal.
Sés (A Coruña, 1982) é autora de nove discos. Iniciou a súa traxectoria en 2007 co grupo Chámalle Xis! e, desde 2010, desenvolve unha carreira en solitario que comezou con Admirando a condición (2011). Ao longo destes anos foi recoñecida con premios como Mulleres en Acción (2019) e o Ínsua dos Poetas (2020).























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



