A Mariña, 22 de marzo, 2026. O senador socialista César Mogo advertiu de que “os veciños da Mariña deben saber que están a ser obxecto dunha estafa política por parte dos senadores do PP por Lugo”. Segundo explicou, “nas últimas semanas a súa adicción ás mentiras multiplicouse ata niveis récord”.
En relación coa situación do Cuartel da Garda Civil do Valadouro, Mogo considera que o engano aos veciños dos dous municipios afectados é “descarado”. Primeiro —explica— “manipularon unha resposta do Goberno dicindo o que non dicía”. E agora anuncian unha nova iniciativa parlamentaria “cando xa presentaran outra en xaneiro co mesmo obxectivo e que nunca levaron a debate na Comisión de Interior do Senado porque non quixeron”.
O senador socialista subliña que “presentan o mesmo dúas veces para enganar aos veciños do Valadouro”. Engade que os populares acumulan xa “dúas iniciativas sobre a reforma da Casa Cuartel sen chegar sequera a debater a primeira, unicamente para saír dúas veces nos xornais”.
Mogo considera que esta actuación se suma ás “abundantes meteduras de pata dos senadores lucenses da dereita”. E pregúntase: “Para que o fan? Para gañarse un oco nos medios. E cal é o prezo? Confundir aos veciños mediante enganos e trucos”.
O senador conclúe que “os veciños da Mariña merecen coñecer a verdade e non ser torpedeados con falsedades”. Por iso propón un debate público, sen límites de tempo, entre os dous parlamentarios con residencia na comarca: “Así quedaría ao descuberto a roda de mentiras do senador do PP”.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



