Ribadeo, 23 de marzo de 2026. Ribadeo celebra o Día da Árbore cos centros de ensino na área recreativa de San Roque, na Devesa.
O alcalde, Dani Vega, indicou que “hoxe celebramos o Día da Árbore en Ribadeo. Os centros educativos Gregorio Sanz e Sagrado Corazón participan nesta xornada de concienciar ao alumnado de que hai que conservar o noso medio ambiente. E evidentemente quixémolo facer outra vez máis na área recreativa de San Roque, na Devesa”.
Para o rexedor “é importante esa conciencia de plantar e conservar as nosas árbores, o noso medio ambiente, pero tamén facer conciencia de que temos que coidar os espazos naturais, os espazos verdes. E qué mellor que dicirlles aos nosos rapaces e rapazas que debemos ter conciencia do que é noso, conciencia do que temos que coidar, mimar, como son os espazos naturais, as zonas verdes ou as áreas recreativas”.
Vega dixo que “un exemplo é esta área recreativa, que realmente experimentou un cambio, unha transformación abismal, porque desde o Concello detectamos que cando chegamos ao goberno, estaban realmente abandonadas. Literalmente, nesta área recreativa sería imposible celebrar un acto como este porque estaba cerrado para que paceran vacas, onde se invertía o diñeiro público e desde logo había que facer un acto de responsabilidade e coidar este espazo. Fixemos poda, coidamos os árbores, arranxamos as mesas, fixemos un peche de madeira e conservamos tamén o que é constantemente á área, incluso investimos na mellora da iluminación”.
O alcalde subliñou: “isto é o que queremos que observen as rapazas e rapaces e que coiden os espazos naturais. Cando vaian xogar a un espazo non hai que danar ou romper algo. Non, todo o contrario, hai que coidar e evidentemente ter unha conciencia de medio ambiente plantando árbores e coidando as árbores”.
Para Vega “é unha xornada, a de hoxe, que lle agradecemos aos centros educativos tanto ao Sagrado Corazón como ao Gregorio Sanz pola colaboración permanente non sómente na Día de Árbore senón tamén traballando constantemente co Concello na defensa do medio ambiente e con moitas propostas que levamos ao cabo durante todo ano”.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



