![]()
Pablo Mosquera, gran animador cultural da nosa bisbarra, dende o posto de mando da meritoria A.C. Os Aventados, de San Cibrao, acaba de publicar o seu último libro: Historias de Nunca Jamás. Chega éste ás nosas mans no mellor momento do ano: no tempo entrañable do Nadal, cando o espíritu está mais disposto a mergullarse na lembranza das vellas vivencias, nas que foron historias da nosa nenez; aquelas que saían de boca dos nosos antergos, ó calor do lume, nas noites invernais, ou mesmo nas xuntanzas tabernarias onde tantos relatos escoitamos que enchían a nosa capacidade de xuvenil asombro, cando a caixa boba, a Deus gracias, non era atranco para o libre albedrío imaxinativo e vivencial.Era a historia vivida e contada polos seus protagonistas. Porque deso trata sobre todo este libro, escrito en fermosa prosa poética por quen, pola súa vida e obra, ten acreditado a sensibilidade do humanista: o seu espíritu poético e a dose precisa de bohemia; o amor pola música e a arte en xeral; a súa capacidade para entusiasmarse ante unha posta de sol ou do amencer que anuncia a chegada dun novo día para o disfrute dos seres vivos; é decir, a súa pleitesía a Natura, ó mundo cósmico, e o interese por canto pertence á natureza humana, fan del un médico vocacional e de grande cultura; é por iso que definimos a Pablo Mosquera como un humanista, nesa liña que coroa o excelso mestre Marañón, quen deixou dito: ” o médico que só sabe de medicina, nen medicina sequera sabe. Non se pode imaxinar un médico sen cultura humanista”.Os relatos que Mosquera recrea no seu libro- ilustrado por coñecidos e magníficos artistas plásticos do contorno – sitúanse nesta nosa bisbarra “da vella provincia de Mondoñedo” como él gusta decir, preferencia que compartimos e son os seus personaxes, homes e mulleres nativos, porque todo o que é propio da vella raza galega hai que buscalo entre os labregos e os homes de mar; xa que “no seo desta natureza, fértil e fermosa como ningunha, é onde se atopa o verdedeiro fillo de Galicia: aquel que é mel escondido no carballo”, según belida e expresiva frase do poeta.
Suso Fernández



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



