Foz, 24 de marzo de 2026. O Concello de Foz celebrou o Día Mundial da Auga hoxe, martes, con novas ferramentas para os usuarios do servizo de abastecemento e unha xornada divulgativa para os colexios.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia que “a nova web da auga (https://www.facsa.com/municipios/foz/) , que tamén contará con enlace directo desde a web municipal, permite desde o día de hoxe consultar consumos, facturas, tarifas, toda a normativa relativa ao servizo, facer todo tipo de trámites e tamén coñecer a través das analíticas a calidade da auga. Todo isto sen movernos da nosa casa. Iniciamos grazas ao novo contrato o control semestral da calidade da auga de 41 mananciais e fontes do noso concello, en tódalas parroquias. A primeira das analíticas poderemos consultala a principios do mes de maio, o cal nos vai a dar información real de cal é a calidade da auga que habitualmente recollemos para beber”.
Ademais da web, presentáronse as novas redes sociais en Facebook (auga de Foz) e Instagram (@augadefoz), que van a trasladar a todos os usuarios novas de interese do servizo, incidencias ou calquera tipo de información relativa á xestión do ciclo integral da auga.
“A nova web vén complementada cunha aplicación (eOficina Facsa), descargable desde móbiles Android ou Apple, que vai a supoñer un verdadeiro salto cualitativo. Unha vez se substitúan os contadores actuais por telecontadores, imos ter información en tempo real do consumo de auga nas nosas vivendas. Con isto imos poder visualizar desde o minuto un unha fuga, aínda que non esteamos no noso domicilio”, declara o alcalde. A substitución dos contadores -orzamentada en 700.000 euros- é unha das obras previstas nos 8 millóns de euros de investimento contemplados no novo contrato recentemente adxudicado, que inclúe a mellora das plantas potabilizadoras, de canalizacións e 250.000 euros anuais de investimento para a mellora do servizo.
A xornada de celebración do Día Mundial da Auga contou coa participación de alumnos de 5º de Primaria dos cinco colexios do concello de Foz. “As nenas e os nenos recibiron dos xestores do servizo unha información directa do que é a auga, de boas prácticas e de como funciona o servizo de potabilización e depuración. Practicaron en laboratorio cousas tan sinxelas pero importantes como que o papel hixiénico se disolve na auga pero as toalliñas non, resultando un verdadeiro problema para as redes de saneamento e depuración se as tiramos no inodoro. Creo sinceramente que están moito máis concienciados coa protección ao Medio Ambiente que os que somos adultos”, destaca o alcalde de Foz.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



