Foz, 24 de marzo de 2026. O Concello de Foz mellorará as xardineiras e as zonas axardinadas do municipio.
Anunciouno a concelleira Inés López Couto, que manifesta: “o señor Castiñeira só acerta nunha cousa na súa última nota de prensa: debe mellorarse o estado das xardineiras das beirarrúas do concello, para que os veciños poidan desfrutar das flores que xa se comezan a ver, por exemplo, nas árbores plantadas nas rúas Salvador Madariaga e Irmandiños. No caso da primeira os parterres deben ser arranxados pola empresa que executou as obras. Ao contrario ca el, este goberno e a dirección de obra requiriu á empresa que se arranxaran e se dispuxeran as flores que corresponde. Continuaremos esixíndoo. No caso das avenidas principais intentamos replantar árbores e novas flores pero as neoformigoneiras non permiten que as árbores medren e secan, polo que se acaba de solicitar unha subvención para un novo proxecto para plantar as árbores na terra e modificar a configuración dunhas rúas que naceron mal pensadas. Este goberno, a diferenza do do Partido Popular, cumpre as súas promesas, coma poñer no século XXI a rúa Costa do Castro ou levar a cabo as melloras do campo de fútbol de Malates, xa que nos seus gobernos el prometeu aos grupos políticos melloras que non cumpriu”.
Inés López Couto, en resposta ao voceiro municipal do PP, engade: “pídolle respecto para as miñas declaracións e consideración porque no PSdG as mulleres tamén temos voz, algo que no Partido Popular no nos teñen acostumados. Poden estar de acordo ou non cos nosos argumentos, pero a oposición debe ser construtiva e seguímoslle demandando que se digne a traer algunha inversión da Xunta para Foz. A planificación demostrase con contratos coma os que está a facer este goberno, como por exemplo o persoal adscrito para a limpeza de sumidoiros que xa está a traballar coa nova concesionaria da auga”.
“Adiántome a unha nova nota de prensa do señor Castiñeira: os paseos marítimos en Cangas están sen desbrozar, estamos por Fazouro pero nos vindeiros días a veciñanza poderá velo completamente limpos”, finaliza a concelleira Inés López.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



