Os populares explican que “hai problemas co subministro do papel hixiénico” porque “se deron ordes expresas para que se reducira a metade nos baños dos centros escolares” debido á precariedade destas renovacións sucesivas no contrato e, aínda así, “PSOE e BNG non cambiaron de opinión”
Burela, 27 de marzo de 2026. O PP de Burela logrou o apoio unánime do Pleno á proposta para instar ao Goberno central a executar os 7,7M€ comprometidos no ano 2021 para remodelar o cuartel de Burela. “Pero este acordo quedou ensombrecido pola sorprendente negativa do PSOE López Moreno López e o BNG de Pillado, a que o Concello saque de forma urxente a licitación pública o contrato de limpeza das instalacións municipais que afecta, de forma moi especial, aos centros escolares”.
O portavoz popular, Manuel Rouco, explica que “dende o comezo do mandato da señora López Moreno, estase a renovar de forma tácita -infrinxindo a Lei de Contratos do Sector Público- este contrato polo servizo de limpeza”. E, os tenentes da alcaldesa, co consentimento da propia rexedora, lonxe de apoiar esta proposta do Grupo Municipal Popular para que o goberno local deixe de vulnerar a lei, ante a impotencia polas escusas peregrinas para non volver a axenda da legalidade, dedicáronse a insultar unha vez máis ao portavoz do Grupo Popular.
Rouco cre que “isto demostra a total e absoluta carencia argumental dos partidos do goberno neste asunto” toda vez que, incluso, “hai problemas co subministro do papel hixiénico: déronse ordes expresas para que se reducira a metade nos baños dos centros escolares debido á precariedade destas renovacións sucesivas no contrato”. Todo isto “non fixo cambiar de opinión ao PSOE e ao BNG”, condena.
E, incide, “a máxima autoridade do noso Concello sabe que se está a infrinxir a lei de contratos do sector público con estas renovacións sucesivas que se están a facer sen a correspondente licitación pública e transparente do servizo”. Pero, “ségueo facendo”, conclúe o popular.



















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



