Mondoñedo, 31 de marzo, 2026. O Pazo de San Isidro acollerá o vindeiro domingo 12 de abril unha xornada de artesanía con obradoiros abertos ao público, no marco dos Días Europeos da Artesanía.
A actividade está organizada pola Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns dos Muiños de Mondoñedo, co apoio da Fundación Artesanía de Galicia e a colaboración do Concello de Mondoñedo.
A xornada comezará ás 11:00 horas cunha visita guiada ao pazo, conducida pola súa propietaria, Simonetta Dondi de L’Orologgio, que ofrecerá ao público unha oportunidade pouco habitual de coñecer a historia e os espazos deste enclave patrimonial.
Ao longo do día desenvolveranse obradoiros gratuítos, en horario de mañá e tarde, nos que as persoas asistentes poderán participar directamente en procesos artesáns vinculados a diferentes oficios.
O programa inclúe propostas como torno oleiro e decoración cerámica, traballo en pel, serigrafía, Kintsugi, técnicas téxtiles tradicionais, reutilización de tecidos, carpintería ou construción de monicreques.
A elección do Pazo de San Isidro responde á vontade de situar a actividade nun espazo histórico, integrando os oficios artesáns nun contorno patrimonial da cidade.
Esta xornada enmárcase nunha traxectoria xa consolidada: é o quinto ano consecutivo no que os obradoiros do barrio dos Muiños participan nesta celebración europea. Na primeira edición, as actividades tiveron lugar nos soportais da catedral; na segunda, na praza do Concello; e nas dúas últimas, o enfoque centrouse no ámbito educativo, con obradoiros en centros como o IES San Rosendo, o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora ou o CEIP Santa María do Valadouro, achegando os oficios ás novas xeracións.
O encontro forma parte dun programa provincial que inclúe tamén actividades en Ribadeo e Lugo, dentro dunha iniciativa coordinada polas tres asociacións lucenses participantes.
Toda a programación que se celebra en España entre o 7 e o 12 de abril pode consultarse na web oficial www.diasdelaartesania.es, que permite localizar actividades próximas mediante un mapa e un sistema de busca.





















A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



