Ortigueira, 1 de abril de 2026. O Concello de Ortigueira continúa avanzando na mellora da súa xestión económica, situando o período medio de pago a provedores en 9,09 días durante o primeiro trimestre de 2026, moi por debaixo do prazo legal establecido en 30 días.
Este dato consolida a tendencia positiva do último ano, no que se produciu unha notable redución nos tempos de aboamento de facturas. Así, o período medio de pago pasou de 71,98 días no primeiro trimestre de 2025 a pouco máis de 10 días ao peche dese mesmo exercicio, ata acadar agora os 9,09 días.
O alcalde, Valentín Calvín, valorou esta evolución e subliñou que o obxectivo “es seguir trabajando para reducir al máximo el número de días en los que abonamos las facturas a los proveedores” e defendeu que os datos “demuestran el compromiso del Concello para mejorar la gestión administrativa y reducir los plazos de pago”. Así mesmo, quixo destacar e agradecer o traballo realizado polo persoal dos servizos económicos de Intervención e Tesouraría, cuxa labor cualificou como “fundamental para lograr estos resultados”.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



