O sindicato advirte de decisións “pouco transparentes” na xestión de persoal e pide explicacións sobre por que se denegou a prórroga á funcionaria que ocupaba o posto ata ese momento
Lugo, 1 de abril de 2026. A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF Lugo) denunciou posibles irregularidades na xestión de persoal da Deputación de Lugo que poderían ter facilitado a incorporación do fillo do alcalde de Lugo á institución provincial.
Segundo explica o sindicato, para que este funcionario puidese acceder á Deputación denegouse a prórroga solicitada por outra funcionaria con habilitación nacional que ocupaba un posto de secretaria-interventora. A petición fora presentada o 14 de agosto para continuar no posto a partir do 19 de novembro de 2025.
CSIF considera chamativo que, nesas mesmas datas, si se concedesen prórrogas a outros dous funcionarios que se atopaban na mesma situación administrativa. “Tres persoas en circunstancias similares”.
Tras a súa toma de posesión na Deputación o 20 de marzo de 2026, este funcionario foi destinado como secretario-interventor ao Concello de Burela mediante un decreto de presidencia.
O sindicato advirte de que este nomeamento se tería realizado ao amparo do artigo 55 do Real Decreto 128/2018, que permite realizar nomeamentos temporais de funcionarios con habilitación nacional en municipios de menos de 1.000 habitantes, polo que pide aclarar se o procedemento se axusta plenamente á normativa.
CSIF reclama á Deputación explicacións sobre as decisións adoptadas neste proceso e esixe que se garanta a transparencia e a igualdade de trato na xestión do persoal público. O sindicato tamén insta á administración a actuar coa mesma rapidez para resolver outros problemas laborais que seguen pendentes tanto na Deputación como noutras administracións da provincia.


















No acto participará tamén David Cortizo, en representación de Editorial Galaxia. A actividade está organizada pola libraría África Copias.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



