A Mariña, 6 de abril, 2026. TikTok xa non é só unha rede social: converteuse nun laboratorio creativo onde a intelixencia artificial está a redefinir a maneira de crear imaxes, personaxes e música.
Nos últimos anos, esta tecnoloxía gañou protagonismo dentro da plataforma, non só como ferramenta visual, senón tamén como base para desenvolver conceptos, estilos propios e propostas musicais orixinais.
Cada vez máis perfís combinan tecnoloxía e creatividade para construír proxectos con identidade propia. Entre eles atópase a xixonesa Beatriz González, coñecida nas redes como @Beatusca, que desenvolveu en TikTok un universo visual recoñecible baseado en personaxes xerados con axuda de intelixencia artificial e música orixinal.
Nada en Xixón, González mantén un forte vínculo con Galicia. O seu marido é galego e, desde hai máis de vinte anos, pasa longas tempadas en Pontedeume, un lugar ao que está especialmente unida e onde tamén atopa inspiración para o seu proceso creativo.
Con máis de 166.000 seguidores e millóns de interaccións acumuladas, o seu proxecto consolidouse como un exemplo de contido orixinal dentro do entorno dixital. Detrás de cada publicación hai un proceso de traballo, probas e axustes. Aínda que a intelixencia artificial forma parte do proceso, as ideas, os guións e a construción do estilo responden a unha visión persoal e a unha dedicación constante.
Ademais da súa música distribuída oficialmente, varios dos audios orixinais creados por Beatriz viralizáronse dentro de TikTok, sendo reutilizados en centos de vídeos por outros usuarios. Este fenómeno reflicte como algúns creadores están a xerar contido que transcende a súa propia conta e se integra na dinámica colectiva da plataforma.
O seu caso ilustra unha tendencia crecente: a intelixencia artificial non substitúe a creatividade, senón que amplía os seus límites, dando lugar a novas formas de expresión dixital onde a idea segue a ser o máis importante.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



