Ribadeo, 7 de abril de 206. Concello e Acisa poñen en marcha unha nova edición da campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. A música inundará os recunchos da vila durante os mediodías de sete domingos desde o 19 de abril ao 21 de xuño.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo que “a primavera en Ribadeo é época de domingueo, unha campaña que ten como obxectivo promocionar o comercio e a hostalería local. O feito de que o comercio abra en domingo xa atrae a moitas persoas durante todo o ano e do Domingueo en Ribadeo é un atractivo máis para vir pasear por estas fermosas rúas, comprar no noso comercio e terracear con amigos e familia disfrutando dun vermú acompañados dun toque musical”.
E indicou: “desde o Concello xunto con Acisa seguimos traballando, apostando e dinamizando a economía local cun ambiente dinámico e acolledor no que ribadenses e visitantes convivimos con moito gusto proxectando esa imaxe dun Ribadeo vivo e activo todo o ano. Animámosvos a disfrutar dos domingos e dos domingueos en Ribadeo”.
Os concertos do Domingueo en Ribadeo serán os días 19 e 26 de abril, 3 e 31 de maio e 7, 14 e 21 de xuño.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou que “con esta nova edición do Domingueo en Ribadeo segue o traballo conxunto entre o Concello e Acisa cun claro obxectivo común: potenciar o comercio, a hostalería e os servizos e así dinamizar a economía local.
Continuamos traballando e apostando pola desestacionalización do turismo e queremos animar ás nosas veciñas e veciños de máis cerca, tanto de Galicia como de Asturias, a que se acheguen a gozar do Domingueo en Ribadeo, unha iniciativa que xurdiu hai bastantes anos e que desde hai tres cambiou de formato coa presenza de música nas rúas para facer aínda máis amenos os mediodías dominicais na nosa vila. A acollida foi boa nas dúas pasadas edicións e agardamos que se repita neste 2026”.
Na presentación da campaña, que tivo lugar no parque de San Francisco, participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, e a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



