Xove, 11 de abril, 2026. O Concello de Xove presentou este venres, 10 de abril, o novo Programa Municipal de Xestión de Colonias Felinas, unha iniciativa destinada a garantir o benestar animal e a promover unha convivencia responsable entre a veciñanza e as colonias de gatos do municipio.
Ao acto asistiron unha vintena de persoas voluntarias, ás que se lles explicou o funcionamento do programa e o papel que desempeñarán no seu desenvolvemento. A sesión permitiu resolver dúbidas e recoller propostas nun ambiente participativo e colaborativo.
O programa baséase no método CER (captura, esterilización e retorno), considerado unha estratexia ética e eficaz para o control da poboación felina. O obxectivo é reducir progresivamente o número de exemplares, mellorar o seu estado sanitario e minimizar posibles molestias á cidadanía.
Na presentación participaron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a tenente de alcalde, Dolores Meitín; a concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Cecilia Duarte; e o cabo do Seprona de Xove, Alberto Santiago Palmeiro.
A iniciativa inclúe tamén a identificación e rexistro das colonias, a formación das persoas voluntarias encargadas do seu coidado e seguimento, e campañas de sensibilización sobre a importancia do respecto e protección dos animais.
O Concello destacou a relevancia da colaboración veciñal para o éxito do programa e agradeceu a boa disposición das persoas asistentes. Con esta acción, Xove reafirma o seu compromiso coa protección animal e co impulso de políticas sostibles que melloran a calidade de vida no municipio.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



