Ribadeo, 11 de abril, 2026. Do 17 ao 19 de abril celebrarase en Ribadeo unha nova edición das Xornadas Gastronómicas da xarda, organizadas por Acisa coa colaboración da OPP do Porto de Burela. Un total de 18 locais hostaleiros ofrecerán tapas e pratos elaborados con este peixe azul de tempada.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que a OPP do Porto de Burela achega 90 quilos de xarda, que se distribuirán gratuitamente entre os establecementos participantes. “Deste xeito apoiamos ao sector hostaleiro e facilitamos que poidan ofrecer propostas gastronómicas sen custe engadido”, sinalou.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que esta iniciativa continúa a liña de acción da asociación: fornecer materia prima ás empresas asociadas para reducir custos nas campañas promocionais. As diferentes elaboracións poderán consultarse nas redes sociais de Acisa ao longo da vindeira semana. Participan locais de Ribadeo vila, o porto e Rinlo, estendendo así a actividade por varias parroquias do municipio.
Cruzado subliñou que estas xornadas buscan dinamizar a hostalería nestas datas e ofrecer unha proposta atractiva para a veciñanza da Mariña, da provincia de Lugo e do Occidente asturiano. Ademais, destacou a importancia de fomentar o consumo de peixe, especialmente de produto local como a xarda do Porto de Burela, rica en Omega 3.
No acto de presentación, celebrado en Burela, participaron representantes da OPP-7, de Absa e de Acisa.
Días Azuis do Comercio Galego
Acisa súmase un ano máis á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que se celebra do 10 ao 30 de abril. Repartiranse 20.000 euros en premios en tarxetas prepago. A clientela só ten que rexistrar as súas compras en www.diasazuis.com para participar.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



