Burela, 16 de abril, 2026. O porto de Burela volveu destacar esta semana no Salón Gourmets de Madrid, onde se degustaron algunhas das especies máis representativas das súas frotas: pescada do pincho, bonito do norte, xarda e quenlla. A presenza no certame permitiu poñer en valor a calidade e diversidade dos produtos burelaos, así como o traballo das súas distintas frotas, líderes en varias pesqueiras a nivel galego e estatal.
No stand da Consellería do Mar, dentro do programa Galicia Sabe Amar, o chef Javier Montero (Hotel Restaurante Javier Montero, Ribadeo) protagonizou dous showcookings dedicados á Merluza D&B Burela e ao Bonito D&B Burela, con receitas maridadas con viños das D.O. Valdeorras e Ribeiro.
No Día da Muller na Cociña Atlántica, a chef Mar Orosa (Restaurante O Oviedo, Ribadeo) presentou novas elaboracións con merluza do pincho de Burela, acompañadas de viños da D.O. Monterrei.
Ademais, OPP Burela participou no espazo Alimentos de España dentro do programa Llena tu Mesa de Mar. O chef Ángel León presentou o seu embutido mariño de sobrasada de cabala, mentres que o galego Miguel F. Vidal elaborou pratos con xarda e quenlla do porto de Burela.
Todas estas accións forman parte do plan anual da OPP-7 Porto de Burela, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA, co obxectivo de reforzar a promoción e comercialización dos produtos pesqueiros da entidade.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



