Reclama unha cota fixa de atún vermello para aumentar os ingresos do sector e reducir os descartes e lamenta os importantes recortes na xarda
Sada, 17 de abril do 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou hoxe en Sada a necesidade de situar a xestión baseada no coñecemento científico e a optimización das cotas de pesca como os eixes centrais para garantir a rendibilidade e o futuro da frota do cerco. Así o sinalou durante a inauguración da IX Xornada da Frota do Cerco, organizada pola Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) baixo o lema “A frota que non para: xestión, ciencia e valor nun mar que cambia”.
Na súa intervención, a titular de Mar subliñou que o sector do cerco é un exemplo de adaptación e compromiso coa sustentabilidade, pero advertiu de que este esforzo debe ir acompañado dunha xestión de cotas que responda á realidade da frota. Neste senso, lamentou o recorte de preto do 48 % na cota da xarda para este ano, aínda que supoña certo alivio con respecto á proposta inicial de recortar un 70 %. A decisión obriga aos profesionais a buscar fórmulas financeiras e operativas para manter a súa actividade.
Un dos puntos clave da xornada foi a reivindicación da cota de atún vermello para o cerco galego. Marta Villaverde reiterou a demanda da Xunta ao Goberno central para que se estableza, de xeito definitivo, unha cota fixa de captura accidental para esta frota. A conselleira explicou que isto non só axudaría a aumentar os ingresos do sector senón que é unha medida imprescindible para evitar os descartes e avanzar nunha pesca máis responsable.
A representante autonómica lembrou que o atún vermello é unha especie de difícil supervivencia unha vez capturado, polo que non permitir o seu desembarque carece de sentido ambiental e económico. “Finalmente déusenos a razón e temos a confirmación de que se establecerá a cota mediante un Real Decreto, pero mentres tanto solicitamos que se estableza xa unha cantidade provisional”, sinalou.
Para rematar, a conselleira incidiu en que o sector, en cooperación coa Administración e co asesoramento técnico e científico, “está en boa disposición superar os desafíos que ten por diante”. Neste senso, apostou por avanzar na cogobernanza e seguir realizando unha pesca responsable e rendible, destacando que “nas propias prácticas tradicionais pesqueiras do cerco galego atopamos xa un bo referente do que é unha pesca selectiva e respectuosa co medio”.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



