A presenza da chamada Audiencia Nacional (AN) no organigrama xudicial do Estado español constitúe unha das anomalías máis resistentes á plena democratización do poder xudicial. Dende unha perspectiva galega, a supresión deste tribunal non é unha mera cuestión de organización administrativa, senón un imperativo ético e político para quen defendemos que a xustiza, para ser democrática ha de se realizar na proximidade da cidadanía e de respectar o principio do xuíz ordinario predeterminado pola lei.
A AN naceu en xaneiro de 1977 como sucesora directa do Tribunal da Orde Pública franquista (TOP). Esa mutación, realizada sen solución de continuidade, permitiu que a estrutura de excepción do franquismo sobrevivise no corazón da democracia. O artigo 152.1 da Constitución sinala que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) habería ser o cumio da organización xudicial no ámbito territorial deste país. Porén, a existencia da AN baleira de contido esta arquitectura, creando unha vía paralela que centraliza en Madrid o que debería ser xulgado na Galicia.
Dende a óptica das nacións sen Estado, a AN operou historicamente como un Tribunal excepcional. Se no pasado foi o foro para a loita antiterrorista -con interpretacións extensivas do tipo penal que moitas veces vulneraron dereitos fundamentais-, a desaparición da ETA de 2011 xirou a súa xustificación hoxendía cara unha “elástica” competencia sobre delictos económicos, de corrupción ou contra a Coroa. Esta centralización non responde a criterios de eficiencia, senón a unha desconfianza sistémica cara á periferia. Semella emitirse a mensaxe de que os tribunais galegos, cataláns ou vascos non están abondo preparados ou non son abondo fiábeis para xulgar as grandes causas que afectan ao núcleo fundamental do Estado.
Desaparecida a ETA no 2011 a AN seguiu a ser o escenario onde o Estado dirimiu os conflitos derivados do independentismo, salientando un uso extensivo do concepto do terrorismo, un uso da prisión preventiva a xeito de ferramenta de presión antes do xuizo e máis unha praxe de serodias absolucións. Velaí a desaquelada acusación de delictos de terrorismo a 12 membros de Causa Galiza e Ceivar no 2015, que non foron absoltos até 2020, a asunción primaria da causa contra os independentistas cataláns Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, na altura presidentes da ANC e de Omnium Cultural, a acusación de terrorismo a nove membros dos cataláns Comités de Defensa da República (CDR) e a determinadas persoas acusadas de terrorismo polas protestas do aeroporto barcelonés de El Prat de Llobregat (Tsunami Democrâtic). Tamén, en Euskal Herria a suspensión da Herrira (organización de axuda a persoas vascas presas) no 2013 ou as desaqueladas penas de cárcere do caso Altatsua malia desbotar a AN o delito de terrotismo que xustificou avocar o caso da Audiencia navarra. Esta desproporción absoluta de penas foi tamén evidente na causa Resistencia Galega coas penas de 2013 para Vigo e Domínguez Fiallega (cadanseus 18 anos de cárcere e 28 de inhabilitación), Santos e Osorio (cadanseus 10 anos de cárcere e 20 de inhabilitación).
A AN ten abusado, ademais, da prisión preventiva e do adiamento das causas ao pechar 643 días ao ex presidente do FC Barcelona Sandro Rosell ou para adiar indefinidamente o axuizamento do president Pujol dende 2012, usando este adiamento contra o soberanismo catalán.
A vulneración do principio constitucional do xuíz ordinario predeterminado pola lei é flagrante. O foro do lugar onde se comete o delito é unha garantía de imparcialidade e de dereito á defensa. Ao desprazar o proceso a centos de quilómetros, non só se encarece e dificulta a defensa técnica, senón que se extrae o conflito do seu contexto social e cultural.
Por outra banda a AN non só é competente no eido penal, senón contencioso-administrativo e social. As sucesivas versións da Lei Orgánica do Poder Xudicial foron atribuíndo competencias nestes sectores para garantir a recentralización da actuación administrativa e da praxe social, no prexuizo da autonomía política e administrativa e da territorialización da negociación colectiva.
Galicia conta con profesionais da maxistratura e da fiscalía dunha solvencia contrastada para asumir calquera reto xurídico, por complexo que sexa. Suprimirmos definitivamente a AN sería un grande avance cara á normalización democrática, significando a aposta por un modelo onde a proximidade sexa o garante da liberdade, eliminando este enclave de centralismo xurisdicional que actúa como un dique fronte ao recoñecemento da plurinacionalidade.
A supresión da AN é unha débeda histórica coas nosas liberdades nacionais e co dereito da cidadanía a sermos xulgados polo seu xuíz natural, sen excepcionalidades de ningunha caste. O intre, ademais, é moi axeitado, polo absoluto bloqueo que vive arestora a AN, nomeadamente nas súas ordes penal e contencioso-administrativa.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



