Lugo, 7 de abril, 2026. A deputada Iria Castro trasladou á Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto o apoio da Vicepresidencia da Deputación ao seu labor de recuperación e documentación da tradición do ferro no concello.
A entidade intensificou esta actividade nos dous últimos anos coa colaboración da área de Cultura, o que permitiu catalogar ferramentas e técnicas propias dos oficios vinculados ao ferro e afondar nos precedentes dunha actividade que, a mediados do século XX, daba emprego a máis de 200 persoas en Riotorto.
Nos últimos meses, a Asociación recreou as antigas ferrerías de monte, nas que se obtiña ferro mediante un proceso de redución química, do mesmo xeito que se fixo durante milenios.
Durante unha visita a unha das moas de auga onde se afiaban as ferramentas elaboradas polos ferreiros, Iria Castro reiterou o compromiso da Deputación con este patrimonio etnográfico, que a Asociación reivindica como recurso para a dinamización social e turística do concello.
A deputada subliñou “a importancia de conservar e dar visibilidade ao patrimonio etnográfico e ao coñecemento xerado arredor da artesanía do ferro, que é unha sinal de identidade de Riotorto”, e destacou que “dar continuidade a este oficio e manter o seu legado patrimonial esixe memoria e orgullo do propio, que é o que nos trasladan cada vez que nos reunimos cos ferreiros de Riotorto”.
Xabier Díaz actuará na véspera da Feira do Ferro
Ademais de apoiar a actividade da Asociación —que en 2026 prevé un intercambio de experiencias coas ferrerías de Navarra—, a Vicepresidencia da Deputación colaborará na programación da Feira do Ferro cun concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre o 18 de abril.
A actuación amplía o impacto dinamizador da Feira a toda a fin de semana e pon en valor o traballo de montaxe previo ás demostracións e obradoiros dos ferreiros, que se desenvolve esa mesma tarde.
O concerto forma parte da programación da área de Cultura en colaboración co tecido asociativo e cos concellos, co obxectivo de fomentar a presenza da música tradicional e das bandas en galego en festivais, festas e celebracións populares da provincia.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



