Viveiro, 7 de abril, 2026. A formación nacionalista explica que, na actualidade, na praza conviven prazas pintadas en amarelo —tradicionalmente reservadas de 07:30 a 15:30 horas— con prazas pintadas en azul correspondentes á zona ORA. Estas prazas amarelas están pensadas para dar servizo ao xulgado, cuxo garaxe permanece na práctica inutilizado ao estar a ser empregado como almacén.
Porén, hai unhas semanas instalouse unha nova sinalización vertical que indica como reservadas tamén as prazas contiguas, que continúan pintadas en azul e sen modificación da sinalización horizontal.
Segundo o BNG, esta contradición está a provocar que a veciñanza estacione nas prazas azuis por costume e faga uso normal do sistema ORA. A pesar de retirar o ticket correspondente, están a ser sancionadas con multas de ata 80 euros ao considerarse esas prazas como reservadas. Tamén se están rexistrando sancións nas prazas amarelas a partir das 15:00 horas por non dispoñer de ticket ORA, o que incrementa a confusión.
A portavoz municipal do BNG, Iria Cotelo, afirma que “estamos ante un caso evidente de falta de coordinación na sinalización, que está a prexudicar directamente á veciñanza”. Engade que “non é admisible que se manteñan marcas viarias que indican unha cousa mentres a sinalización vertical di outra distinta. Esta contradición só xera inseguridade e indefensión”.
Desde o BNG subliñan que non existe mala fe por parte da cidadanía, que está a actuar coa intención de cumprir a normativa e facer uso correcto do sistema ORA. A situación actual, pola contra, está a derivar en sancións a persoas que tentan estacionar de maneira correcta.
A formación recomenda extremar a precaución ao estacionar nesta zona e revisar con atención tanto a sinalización vertical como a horizontal para evitar posibles multas.
Finalmente, o BNG insta ao goberno municipal a actuar con urxencia para resolver esta problemática e adaptar a sinalización das prazas de aparcamento de maneira clara, coherente e comprensible. “Pedímoslle ao goberno municipal que garanta unha sinalización clara e que non dea lugar a erros nin a sancións inesperadas”, conclúe Cotelo.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



