Foz, 7 de abril de 2026. Acia Foz-CCA renderá homenaxe á Festa do Berberecho cunha Finde de Chícaros e Mexillóns os días 10 e 11 de abril.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, indicou que “un ano máis queremos sumarnos á Festa do Berberecho de Foz rendéndolle homenaxe cunha fin de semana de Chícaros e Mexillóns en 14 locais hostaleiros, que ofrecerán diferentes preparacións de ambos bivalvos”.
Paleo animou “a darlle a benvida aos días longos e ao bo tempo en Foz achegándovos a saborear todas as propostas que atoparedes tanto na carpa do peirao o sábado, como durante a Finde de Chícaros e Mexillóns nos bares e restaurantes o venres pola noite e o sábado todo o día”.
Na Finde de Chícaros e Mexillóns participan A Funcional, A Rambla-Pachán, Anduriña, Augas Santas, Cafetería Leytón, Casa Damián, Dandy, Happys Days, Mexideli, O Muelle Bar, Pizzería Xoíña, Portochico, Restaurante Xoíña e Tangarte”.
Para esta campaña de homenaxe á XXIV Festa do Berberecho Acia Foz-CCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.
Á presentación asistiron o alcalde e a concelleira de Comercio, Fran Cajoto e Kathy Navarro, e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



