Viveiro, 23 de abril, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro valora de maneira positiva o anuncio do actual goberno local sobre a recuperación dos obradoiros de emprego, unha iniciativa que consideran “moi beneficiosa para a formación, a inserción laboral e o desenvolvemento local”.
Desde o PSOE sinalan que “sempre defendemos este tipo de programas e intentamos impulsalos durante os nosos mandatos, polo que nos alegramos de que finalmente se poidan levar a cabo en Viveiro”.
Denegacións en anos anteriores
Os socialistas consideran necesario aclarar o contexto das solicitudes realizadas en etapas previas. Explican que, durante os seus mandatos, os obradoiros foron solicitados “en varias ocasións”, pero aseguran que foron “sistematicamente denegados pola Xunta de Galicia”.
Segundo indican, en moitos casos “non existían criterios claros e producíanse cambios constantes nas condicións”, especialmente no relativo ás instalacións. “Transmitíusenos que non cumpríamos cos requisitos de homologación, o que obrigaba a afrontar procesos complexos e custosos para adaptar espazos municipais”.
Limitacións técnicas e administrativas
Outro dos factores que, segundo o PSOE, dificultou a concesión foi a imposibilidade de que Viveiro fose considerado ‘concello emprendedor’, unha categoría que outorgaba máis puntuación. “Naquel momento non podiamos selo por ter un plan de axuste, o que impedía cumprir as esixencias das bases”, explican.
Como exemplo, lembran que se propuxo un obradoiro de cociña empregando instalacións como o albergue de Area, que non foi autorizado, e tamén se valorou a escola de Galdo, que tampouco foi considerada válida.
Do mesmo xeito, apuntan que se solicitou un obradoiro de xardinería en colaboración con Alfoz e O Valadouro, seguindo indicacións da propia Xunta, pero foi igualmente denegado. “Eses concellos si obtiveron o obradoiro ao ano seguinte”, engaden.
Diferencias no financiamento
O PSOE subliña tamén que as condicións de financiamento eran distintas, xa que “non existía unha subvención ao 100%”, o que obrigaba ao Concello a asumir parte do custo e dificultaba a viabilidade dos proxectos.
A voceira socialista, María Loureiro, lembra que en varias ocasións se deixou de presentar solicitude porque “xa se nos trasladaba previamente desde a parte técnica que sería rexeitada, o que supuña unha perda de tempo e de recursos municipais”.
Mensaxe á veciñanza
Por todo isto, o Grupo Socialista quere trasladar unha mensaxe clara: “É unha boa noticia que haxa obradoiros en Viveiro e contan co noso apoio, pero tamén é importante que a veciñanza saiba que, cando gobernaba o PSOE, non era por falta de interese, senón porque a Xunta de Galicia non os concedía”.
Finalmente, conclúen que, ao seu xuízo, “queda patente que houbo decisións que non se aplicaron con igualdade e que a Xunta foi máis restritiva con Viveiro no pasado que na actualidade”.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



