O concelleiro popular Miguel Fernández sinala que “lamentablemente temos que seguir denunciando a falta de mantemento das infraestruturas municipais por parte do señor Cajoto, resultado das queixas que nos trasladan os veciños que ven o abandono ao que está sometendo o concello e en especial as parroquias de Foz”
Foz, 23 de abril de 2026. O Partido Popular de Foz volve a denunciar a falta de mantemento das infraestruturas municipais por parte do goberno local, unha situación que, segundo sinalan, “é resultado directo das continuas queixas que nos trasladan os veciños, que ven o abandono ao que está sometido o concello e, en especial, as parroquias”.
O concelleiro popular Miguel Fernández lamenta que esta situación se repita no tempo e critica a actitude do executivo municipal: “Lamentablemente temos que seguir denunciando a falta de mantemento das infraestruturas municipais por parte do señor Cajoto, resultado das queixas que nos trasladan os veciños que ven o abandono ao que está sometido o concello e en especial as parroquias de Foz”.
Fernández tamén responde ás criticas recibidas por parte do goberno local: “Sentimos que se moleste a concelleira, a señora Couto, pero se as vías estivesen ben non tería sentido que os veciños se queixasen, e parece que só actúan cando o denuncia o Partido Popular”.
Neste caso concreto, o PP de Foz alerta do estado da estrada que atravesa a N-642 e enlaza coa vía que conduce ao colexio Fondo Nois. Segundo explica o concelleiro, existen varios pozos de alcantarillado sen tapa ao borde da pista, o que supón un grave risco: “Pode producirse un accidente, ben por persoas que vaian andando polo borde ou mesmo por un vehículo que poida meter unha roda nel”.
A situación agrávase, segundo engade, pola falta de limpeza da zona: “Para maior gravidade, os ocos están cubertos de maleza por non ter rozada esa zona, o que fai que non estean visibles e o risco de que se produza un accidente é maior”.
“Pedimos que que arranxe e, sobre todo, que haxa máis control e vixilancia do concelleiro de obras, que é o señor Cajoto, e que se invirta en mantemento especialmente nas parroquias, que están totalmente esquecidas polo goberno socialista de Foz”.


























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



