Foz, 23 de abril de 2026. O Concello de Foz mantén o seu pulso inversor na cultura municipal. Para celebrar este 23 de abril realizáronse múltiples actividades que continuarán nos vindeiros días “para seguir apostando por un acceso á cultura dende a administración pública”, indica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
Este mércores a biblioteca municipal organizou a representación Agasallo das árbores, con Cris de Caldas, e “o salón de actos estivo cheo de rapazada para ver unha función de contos con concienciación medioambiental e sobre a igualdade”, explica Inés López Couto, que engade: “cremos nunha cultura accesible para todos, por iso tentamos achegar a Foz múltiples actividades que enriquezan a nosa xa prolífica actividade cultural local”.
Ademáis a biblioteca organiza visitas escolares. “Agradecemos enormemente o interese dos centros escolares en que os máis pequenos coñezan as posibilidades que lles ofrece a biblioteca municipal. Neste caso o Colexio do Pilar achégouse para facer unha hora de lectura na biblioteca Salgado Toimil e os nenos desfrutaron moito desta visita na que tamén puideron participar coa radio municipal”, destaca a concelleira, que ademais anuncia; “tamén se leva a cabo na biblioteca a presentación do libro A faba e nós, de Alberto Serantes, unha actividade realizada en colaboración coa UNED polo que terá unha difusión a través das canles da dixitais da universidade a distancia. E a semana que vén será o turno dun clásico da literatura hispánica como é o Lázaro de Tormes, coa compañía malagueña Pata Teatro que será unha función escolar pola mañá pero do que poderá desfrutar o público en xeral ás 20.30 horas na Sala Bahía”.
E o alcalde, Fran Cajoto, sinala que “a cultura é esencial para a cidadanía: unha política na que cremos que a administración pública debe investir para que os cidadáns poidan acceder a ela de forma sinxela, polo que este goberno continuará traballando en que isto sexa posible en Foz porque é prioritario”.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



