Demandan que a curto prazo se garanta a conciliación ás familias usuarias
O Vicedo, 25 de abril, 2026. Despois do incendio ocorrido o pasado martes nas instalacións do Punto de Atención á Infancia (PAI) de O Vicedo, o servizo quedou totalmente suspendido, xerando un grave problema de conciliación para as familias usuarias. O portavoz municipal do BNG, Miguel Gómez, subliña que “dada a importancia vital deste servizo nun concello coma o noso, non é asumible que as familias e o persoal queden á espera de solucións a longo prazo sen unha alternativa inmediata e segura”. Engade tamén que “calquera solución temporal que implique un desprazamento fóra do emprazamento habitual non debe supoñer un custo engadido nin un obstáculo loxístico para as familias nin para o cadro de persoal”.
Proposta de reubicación provisional no CEIP O Vicedo
O BNG propón realizar xestións urxentes coa dirección do centro educativo e coa administración autonómica para habilitar espazos no CEIP O Vicedo de maneira provisional. Consideran que esta é a localización máis axeitada ao contar xa con medidas de seguridade e adaptación específicas para a infancia.
Garantía de transporte para usuarias, usuarios e traballadoras
No caso de que a solución provisional se sitúe fóra do casco urbano ou mesmo noutro concello, os nacionalistas solicitan que o Concello de O Vicedo proporcione e/ou financie o transporte de ida e volta. Este servizo debería cubrir tanto ás crianzas usuarias como ás traballadoras do PAI, evitando que o sinistro repercuta na economía das familias ou do persoal.
Mantemento do cadro de persoal
O BNG reclama que o servizo temporal continúe a ser prestado polas mesmas profesionais, garantindo así estabilidade afectiva e continuidade para os nenos e nenas nun momento de cambio de contorno.
Liña de axudas á conciliación
Outra das propostas é a creación dunha partida económica de urxencia destinada a sufragar gastos derivados de coidados externos para aquelas familias que, por diversas circunstancias, non poidan facer uso da alternativa provisional que estableza o Concello.
Informe técnico e cronograma de reformas
Por último, o BNG solicita a elaboración dun informe técnico detallado sobre o estado das instalacións do PAI e a definición dun calendario de obras para a súa reapertura o antes posible. Piden tamén que esta información se faga pública e se comunique adecuadamente ás familias usuarias.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



