Barreiros, 27 de abril, 2026. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, anunciou esta mañá que o Concello vén de obter unha subvención que permitirá completar as actuacións realizadas o ano pasado na Praza de Reinante.
Segundo explicou, o proxecto céntrase na posta en valor da parte alta da pista, un espazo que funciona como miradoiro natural con vistas destacadas e que ata agora non estaba acondicionado para o seu uso. A intervención inclúe a instalación dunha pérgola de madeira con mesas e bancos, un xogo infantil e elementos decorativos como macetas, farolas, aparcabicis e papeleiras.
A actuación tamén contempla a mellora da iluminación en toda a zona, soterrando o cableado que pasa fronte á praza para favorecer a integración paisaxística, así como a reparación e adecuación do acceso ao miradoiro mediante un percorrido peonil con elementos de seguridade.
Ermida destacou que se trata dun proxecto “no que levamos tempo traballando e que completa as melloras realizadas o ano pasado grazas ao convenio coa Vicepresidencia da Deputación”. Subliñou ademais que este é “un espazo moi especial, construído pola propia veciñanza, que merece ser recuperado desde o respecto e a posta en valor do patrimonio que o rodea”. Lembrou tamén que é o único espazo público da parroquia destinado ao esparexemento e á socialización.
Do orzamento inicial, que superaba os 80.000 euros, a Xunta subvencionará algo máis de 72.000 euros a través das axudas para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



