Navia, 28 de abril de 2026. O goberno municipal de Navia deu un paso clave na ordenación turística do concello coa aprobación da contratación para a redacción do proxecto da nova Área de Acollida e Ordenación do Turismo Itinerante en Puerto de Vega. A empresa adxudicataria encargada de elaborar este documento técnico é Runitek Ingenieros S.L.
A alcaldesa de Navia, Ana Isabel Fernández, define este proxecto como: “Una solución necesaria frente a la saturación que sufre actualmente el casco urbano, donde el estacionamiento disperso de autocaravanas genera conflictos de convivencia con los residentes y dificultades en el tránsito por las zonas portuarias”.
A nova instalación situarase nunha parcela municipal de máis de 2.000 metros cadrados e funcionará como un servizo público de interese xeral. O obxectivo prioritario é centralizar estes visitantes nun espazo regulado, evitando impactos ambientais e garantindo a seguridade no litoral.
O proxecto persegue a creación dunha área xestionada mediante tecnoloxía Smart City. Este sistema pretende permitir o control da ocupación en tempo real e facilitar a reserva previa, evitando que os vehículos circulen innecesariamente polo centro da vila. Ademais, búscase dinamizar a economía local, empregando ferramentas dixitais que axuden a redirixir os viaxeiros cara aos comercios e á hostalaría de Puerto de Vega.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



