O senador popular José Manuel Balseiro critica a “inacción” do Executivo central, fronte a un sector que “non admite máis atrasos nin máis escusas”
Madrid, 28 de abril de 2026. O Partido Popular logrou aprobar hoxe na Comisión de Pesca do Senado unha iniciativa clave en defensa do sector marisqueiro, que reclama ao Goberno de España a exención temporal das cotizacións á Seguridade Social para os mariscadores e mariscadoras a pé en situación de inactividade forzosa. A iniciativa foi defendida polo senador lucense José Manuel Balseiro, quen denunciou a “inxustiza evidente” que sofren milleiros de traballadores do mar, obrigados a seguir pagando as súas cotas mesmo cando non poden traballar por causas alleas á súa vontade e reclamou ao Goberno de Sánchez que actúe “de inmediato”.
Durante a súa intervención, Balseiro criticou a “inacción” do Goberno de Pedro Sánchez, lembrando que o Goberno galego solicitou formalmente o pasado 13 de marzo a exoneración destas cotizacións sen obter resposta ningunha ata o momento. “Non admite máis atrasos, nin máis escusas, nin máis titulares baleiros. Falamos de xustiza e de dignidade”, subliñou.
“O EXECUTIVO CENTRAL NON ACHEGOU NIN UN SÓ EURO”
O senador popular puxo o foco na gravidade da situación vivida en 2026, con oito borrascas consecutivas que provocaron o peche dos bancos marisqueiros, a suspensión da actividade e a perda total de ingresos para centos de profesionais, na súa maioría mulleres. Fronte a isto, denunciou que o Executivo central “non achegou nin un só euro”, mentres segue esixindo o pago de cotas a quen non pode traballar.
A iniciativa aprobada -cos votos a favor do PP e do PNV, coa abstención do PSOE e a falta de asistencia do BNG- reclama a exención das cotizacións durante os períodos de inactividade derivados de causas de forza maior, que estes períodos computen como cotizados e que se estude a retroactividade da medida, incluíndo a devolución das cotas xa aboadas.
Dende o PP insístese en que se trata dunha medida “xusta, viable e de sentido común”, que xa conta con precedentes noutros sectores, e acúsase ao Goberno de “chegar tarde ou, directamente, non chegar”.
“Hoxe o Senado falou claro. Agora tócalle ao Goberno deixar de estudar e comezar a resolver”, concluíu Balseiro, quen advertiu de que “non se pode seguir castigando a quen sostén o litoral e as economías locais”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



