Viveiro, 29 de abril, 2026. O Grupo Municipal do BNG de Viveiro levará ao vindeiro pleno unha moción para reclamar o acondicionamento integral da área recreativa de Portochao, un espazo natural moi frecuentado pola veciñanza e visitantes pola súa conexión directa co paseo fluvial do río Landro.
A formación nacionalista considera necesario actuar nunha zona “cun enorme potencial social, ambiental e turístico”, pero que actualmente presenta diversas carencias, como mobiliario deteriorado, ausencia de xogos infantís e presenza de especies vexetais invasoras.
A portavoz do BNG, Iria Cotelo, subliña que “Portochao é un lugar privilexiado que merece unha actuación decidida para convertelo nun espazo cómodo, seguro e atractivo para o desfrute das familias e da veciñanza”. Engade que non se pode permitir que unha das principais áreas de lecer vinculadas ao paseo fluvial continúe “nun estado de abandono e sen servizos adaptados á realidade actual”.
Propostas incluídas na moción
A moción recolle un plan de actuación integral que inclúe:
-Traballos de limpeza e mantemento.
-Renovación e ampliación do mobiliario, coa reparación de mesas e bancos e a substitución dos paneis informativos.
-Naturalización do espazo mediante a plantación de árbores que proporcionen sombra.
-Eliminación de especies invasoras, especialmente os plumachos (Cortaderia selloana).
Cotelo destaca que é fundamental apostar por unha recuperación respectuosa co entorno, potenciando a vexetación autóctona para mellorar o valor ambiental e o confort das persoas usuarias.
Xogos infantís e zona para autocaravanas
O BNG tamén propón estudar a creación dun novo espazo de xogos infantís, despois da retirada dos anteriores elementos por motivos de seguridade.
Ademais, solicita habilitar unha zona adecuada para autocaravanas, dando cumprimento ao acordo plenario existente e ordenando os distintos usos do espazo para garantir unha convivencia equilibrada entre ocio, descanso e mobilidade.
Segundo Cotelo, “isto permitiría compatibilizar os distintos usos dun xeito ordenado e responsable, aproveitando o potencial turístico dunha área moi utilizada por visitantes que chegan a Viveiro en autocaravana”.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



