A iniciativa, promovida por Carmen Veiga, ofrecerá información útil ás familias sobre consumo enerxético, Bono Social e prevención de riscos domésticos
Barreiros, 29 de abril de 2026. O PSdeG de Barreiros puxo en valor a organización de dúas xornadas sobre aforro enerxético e seguridade no fogar, impulsadas desde a área de Servizos Sociais que dirixe Carmen Veiga, en colaboración coa Fundación Naturgy. A iniciativa pon o foco na información útil, a prevención e o acompañamento ás familias do municipio.
As e os socialistas destacan que esta proposta permitirá achegar á veciñanza ferramentas prácticas para mellorar a xestión dos gastos enerxéticos no fogar e reforzar a prevención fronte a riscos domésticos, a través de dúas sesións formativas abertas á participación das familias.
A primeira das xornadas celebrarase o 6 de maio, ás 11:00 horas, nas escolas unitarias de San Cosme, e estará centrada no aforro enerxético. O obxectivo é axudar ás familias a comprender mellor a factura da luz e do gas, así como facilitar información sobre a solicitude do Bono Social. Ademais, as persoas asistentes poderán levar a súa propia factura para recibir asesoramento personalizado.
A segunda sesión terá lugar o 12 de maio, tamén ás 11:00 horas e no mesmo espazo, e centrarase na seguridade e prevención no fogar. Durante a actividade abordaranse cuestións relacionadas cos riscos domésticos —como incendios, gas ou electricidade— e explicaranse distintas medidas de protección para mellorar a seguridade nas vivendas.
Desde o PSdeG de Barreiros subliñan que esta iniciativa forma parte dunha liña de traballo orientada a impulsar políticas útiles tamén desde o ámbito social, atendendo cuestións cotiás que afectan directamente ao benestar das familias.
Para participar será necesario realizar inscrición previa nos Servizos Sociais, chamando ao teléfono 982 317 143. A persoa de contacto para formalizar a anotación é Sandra.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



