As reparacións realizadas hai un ano non foron eficaces e aparecen novas fendas tamén na zona norte do peirao
O Vicedo, 30 de abril, 2026. Desde hai xa anos podía observarse unha grande fenda no porto do Vicedo que foi aumentando considerablemente, á que tamén hai que sumarlle outra fenda importante no dique de abrigo. Hai máis dun ano que o BNG denunciou esta situación no Parlamento, xa que esta fenda precisaba dunha urxente estabilización por supoñer un grave problema de seguridade para o porto e para os seus usuarios, dado o uso mixto pesqueiro-náutico-deportivo que se realiza nel.
Actuación insuficiente
A Consellería do Mar anunciou o 4 de setembro de 2024 que Portos de Galicia iniciaría nese mesmo mes as obras de estabilización do porto do Vicedo. Indicábase que a actuación prevista constaría de dúas fases: a primeira, de inicio inmediato, consistía no asentamento do peirao que presentaba unha perda de material na base que provocara unha fenda na superficie.
Na segunda fase da obra, unha vez rematada a primeira, realizouse o seguimento da fenda para determinar a estabilización definitiva do peirao e proceder á pavimentación da súa superficie, incluíndo tamén a pavimentación dunha parte do vial de entrada ao porto. O investimento previsto para estas obras ascendía a 55.000 €.
O problema continúa
A día de hoxe, poucos meses despois da actuación do Goberno galego, o problema segue sendo visible e palpable, xa que as obras realizadas non paliaron a situación: a fenda volve aparecer meses despois da intervención e, do mesmo xeito, a outra gran fenda continúa medrando no extremo do dique de abrigo.
Por todo isto, o deputado mariñao Daniel Castro leva varias preguntas ao Parlamento —tanto para resposta oral como escrita— e tamén unha Proposición non de Lei na que se propón que “O Parlamento galego inste a Xunta de Galicia a executar as actuacións necesarias para resolver de xeito permanente a problemática nas infraestruturas do porto e do dique de abrigo do Vicedo”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



