Ribadeo, 2 de maio de 2026. A Guardia Real será a encargada de izar as bandeiras no espazo habilitado a carón da Casa do Concello de Ribadeo. O acto terá lugar o vindeiro xoves, 7 de maio, pola tarde.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “dentro da programación de actos que está tendo a Guardia Real na provincia de Lugo, tamén se trasladan a Ribadeo. O primeiro que quero é mostrar o meu agradecemento á Casa Real e á Guardia Real por trasladar estas actividades, estes actos solemnes aos distintos municipios e que todos poidamos observar actos que non estamos acostumados a ver”.
O rexedor cre que “tamén acerca a Guardia Real á poboación e podemos observar actos que son tamén de importancia. Nosoutros temos que mostrar o agradecemento profundo aos mandos militares da Guardia Real pola excelente coordinación e colaboración con este Concello para desenvolver este tipo de actos”.
Vega explicou que “o xoves, 7 de maio, a partir das cinco da tarde, no porto deportivo, co grupo de mergullo da Casa Real, desenvolverán unhas actividades aí, despois trasladaranse á Praza de España a modo de desfile polas distintas rúas do casco histórico e despois tanto na Praza de España como en toda a contorna farán desfiles”.
O alcalde subliñou que “aproveitamos a ocasión de constituír un espazo oficial para as bandeiras de Ribadeo, as bandeiras tanto de España como de Galicia e a europea e despois en breve tamén se colocará a bandeira ribadense, pero neste caso esas tres. Izarán a bandeira de España a Guardia Real, aproveitamos a ocasión e así llo trasladei aos mandos militares de izar nun espazo, que se constitúa oficialmente ese espazo para eliminar as bandeiras do balcón , entón tamén agradecemos que colaboraran con nos”.
E engadiu: “son unha serie de actos que van desenvolver o xoves, 7 de maio, a partir das 5 da tarde tanto no porto deportivo como na Praza de España, que non estamos acostumados a ver vamos ter a ocasión de poder disfrutalos todos”.
Vega convidou a ribadenses e visitantes a presenciar os actos programados en Ribadeo: “convido a todos os ribadenses, a todas as persoas que estean tamén de paso, de visita en Ribadeo, que acudan tanto ao porto deportivo e á Praza de España e invito a participar nese izado oficial das bandeiras aquí en Ribadeo. Son uns actos moi importantes que creo que tamén enriquecen a cultura nosa ribadense”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



