Viveiro, 5 de maio, 2026. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro poñen en marcha unha nova colaboración a tres bandas co obxectivo de fomentar a cultura cinematográfica entre a mocidade da comarca.
Esta iniciativa retoma o traballo conxunto que xa se viña realizando en edicións anteriores, agora coa nova dirección de Cines Viveiro, que reabriron as instalacións tras o éxito das campañas previas. Cada convocatoria destaca pola elevada participación e pola boa acollida entre nenos, familias e centros educativos.
O propósito principal continúa sendo poñer en valor o cine como experiencia cultural, achegando ás novas xeracións a vivencia única dunha sala: pantalla grande, son envolvente e a posibilidade de socializar arredor dunha actividade compartida. Nun contexto no que as plataformas dixitais ofrecen miles de títulos, as entidades organizadoras lembran que “a maxia do cine non se pode reproducir dende o sofá da casa”.
Unha aposta pola cultura e polo cine local
O CCHV, Prato-Do e Cines Viveiro únense para dar visibilidade ao esforzo que supón manter unha programación actualizada, con estreas simultáneas ao resto do país, nun cine local que é ademais o único nun radio de máis de 60 quilómetros. Por iso, animan á veciñanza a incluír o cine nos seus plans durante todo o ano.
Nesta edición, a promoción consistirá en vales desconto de 2 € en taquilla e 1 € nas entradas adquiridas online, que xa contan cun euro de desconto habitual. Os participantes poderán escoller entre seis películas de animación e aventuras:
Super Mario Galaxy
Polloliebre y el Secreto de la Marmota
La Familia Benetón 2
Abuela Tremenda
Evolution
Hoppers
Ampliación da promoción: máis días e máis centros educativos
Como novidade, a campaña amplíase tamén aos venres e aos cursos de 1º e 2º da ESO dos institutos de Viveiro, Xove, Cervo, Burela e Ortigueira. Haberá vales dispoñibles para dúas fins de semana: 8, 9 e 10 de maio e 15, 16 e 17 de maio.
Primeira fin de semana (Viveiro)
Os vales distribuiranse nos seguintes centros:
CEIP de Celeiro
CPR Plurilingüe Landro
EEI San Roque
CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo
CEIP Plurilingüe de Covas
CEP Lois Tobío
IES María Sarmiento
IES Vilar Ponte
Segunda fin de semana (Mariña Occidental e Ortegal)
Os vales entregaranse en:
CEIP Os Castros e CEIP Vista Alegre (Burela)
CEIP Península da Paz e CEIP de Cervo
CEIP do Vicedo
CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove)
IES Illa de Sarón (Xove)
IES Marqués de Sargadelos (Cervo)
IES Perdouro e IES Monte Castelo (Burela)
IES de Ortigueira
Como utilizar os vales
É imprescindible entregar o vale físico en taquilla para aplicar o desconto. No caso de acudir en familia, se os menores presentan os vales, o desconto aplicarase tamén ao resto da unidade familiar.
Tamén é posible canxear o vale ao mercar a entrada online en www.cinesviveiro.com, seguindo as instrucións indicadas no propio documento. Aínda así, será necesario entregar o vale á entrada da sala. Dado que o aforo é limitado, recoméndase adquirir as entradas por internet. O cine abrirá as portas 30 minutos antes do inicio da sesión para facilitar o acceso.
As entidades organizadoras destacan que Cines Viveiro mantén unha programación activa durante case toda a semana, con estreas moi próximas no tempo ás grandes cidades, ofrecendo así unha oportunidade única para gozar do cine en familia.
A colaboración entre comercio, hostalería e sector audiovisual busca crear sinerxías e contribuír á recuperación e dinamización cultural da comarca. O éxito das edicións anteriores impulsa agora unha campaña máis ampla, que chega a máis poboacións da Mariña e tamén do Ortegal.























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



