Madrid, 8 de maio, 2026. A deputada Patricia Otero e o senador César Mogo afirmaron que “as declaracións efectuadas hai 48 horas polos representantes do PP da Mariña puxeron de manifesto que a melloría que experimentou a situación de Alcoa nos dous últimos anos para eles é unha pésima noticia; pero o máis sorprendente é que tamén o sexa para os seus alcaldes”.
Avances na planta e crítica ao discurso do PP
Patricia Otero subliñou que “queda moito por facer até garantir a viabilidade definitiva da empresa, pero só desde a mala fe se pode negar o que se avanzou neste tempo, como proba que hoxe a produción estea ao 100%, con todas as cubas en funcionamento. Todos os traballadores sábeno, pero o PP empéñase en tentar alarmalos sen fundamento”.
Pola súa banda, o senador César Mogo engadiu que “o máis grave é que os alcaldes de Xove e Cervo, en lugar de preocuparse polos seus veciños, xogasen tamén á confrontación, amosando unha ignorancia impropia de quen ten responsabilidades públicas”. Destacou ademais que, grazas ás políticas do Goberno de España en materia de renovables, “o prezo almacenista por megawatt/hora é hoxe dos máis baixos de Europa, menos da metade do de Alemaña ou Italia”.
Investimentos do Goberno e falta de implicación da Xunta
A deputada Otero acusou ao PP de ocultar o compromiso do Goberno coa viabilidade de Alcoa: “Non mencionan as axudas recibidas para compensación de emisións de CO₂ e para electrointensivas, que superan os 30 millóns de euros, nin os máis de 40 millóns concedidos hai unhas semanas para substituír o forno de cocción de ánodos”.
Engadiu que “é patético que o PP só busque rendibilidade política en lugar de esixir á Xunta de Galicia, con competencia industrial exclusiva, que tamén arrime o ombreiro”.
Chamamento á responsabilidade institucional
Mogo lamentou que “a alcaldesa de Cervo e o alcalde de Xove se sumen a esta guerra en lugar de trasladar confianza aos seus veciños”, algo que cualificou de “preocupante e indignante”.
Os parlamentarios concluíron que “a estratexia de terra queimada do PP só conduce a xerar preocupación cando a situación é hoxe considerablemente mellor que hai uns anos”. Tamén destacaron que á mellora contribúe “a subida do prezo do aluminio nos mercados internacionais, que supera xa os 3.500 dólares por tonelada”.
“Queda moito por facer e non botamos as campás ao voo, pero o camiño é estar cos traballadores de Alcoa, non querer valerse deles como fai o PP”, finalizaron.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



