Ribadeo, 9 de maio de 2026. Ribadeo aprobará no pleno ordinario do vindeiro martes, 12 de maio, a liquidación do orzamento de 2025, que pechou cun remanente de tesourería de 1,5 millóns de euros, segundo subliñou este sábado o alcalde, Dani Vega.
O rexedor contou que “neste pleno vamos aprobar a liquidación municipal, a liquidación do presuposto 2025. En qué se traduce? Pois nun remanente de tesourería de 1,5 millóns de euros. Iso significa que houbo unha boa xestión, unha boa xestión dos recursos propios ante unha xestión constante e permanente de orzamento da Xunta de Galicia, sobre todo, e así non gastábamos dos presupostos municipais, dos recursos propios do Concello. Eses 1,5 millóns de euros tamén queren dicir algo, que se está traballando desde unha seriedade”. Vega lembrou que “viñamos dos presupostos do 2023 que o Consello de Contas dixo que non había aforro, non había practicamente remanente, un presuposto que non era noso, que era do anterior goberno, un presuposto herdado e certamente envenenado e nosoutros o que fixemos foi xestionar recursos doutras administracións e ter un remanente agora de 1,5 millóns de euros. Iso vaise traducir en garantir que o ano presupostario se cumpra, vai garantir que poñamos moitas porcentaxes de moitas subvencións que xestionamos ante a Xunta de Galicia,porque moitas infraestruturas que estamos arranxando, por exemplo, agora a Avenida de América, a Xunta aporta 80% e o Concello aporta o 20%. E así vai ser un constante e permanente agora de inversións”.
O alcalde destacou o bo momento polo que atravesan as arcas municipais: “o que quero dicir, con moita tranquilidade, é que os servizos económicos do Concello traballaron moi ben, traballaron con moita rigorosidade, sobre todo cando viñamos do ano 2023, que tivo grandes tensións no 2024, e agora fomos capaces de facer as cousas como hai que facer, xestionando moi ben os recursos propios e sobre todo xestionar recursos doutras administracións, sobre todo agradecer á Xunta de Galicia que nos axuda moitísimo para que isto poida ser posible e tamén evidentemente vai ter influencia que a Xunta agora aporta máis por servizo de axuda no fogar ou que a Deputación se fai de cargo da residencia de maiores, da porcentaxe que tiñamos que poñer nós agora vaino poñer a Deputación de Lugo”.
Vega engadiu: “esas xestións que se van facendo constantemente e permanentemente tradúcense en que as contas municipais dan un remanente de tesourería de 1,5 millóns de euros e iso é a coordenación entre os técnicos municipais e o goberno municipal que se traduce nunha boa xestión”.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



