Inclúense obradoiros, música, teatro, librarías na rúa e propostas que xiran arredor da lingua e cultura galegas
Viveiro, 12 de maio de 2026. O Concello de Viveiro desenvolverá entre os días 15 e 17 de maio un programa de actividades con motivo da celebración das Letras Galegas. A proposta inclúe obradoiros, conferencias, concertos, teatro e iniciativas de animación cultural en varios espazos do municipio.
A programación comezará o venres 15 de maio, ás 18.00 horas, cun obradoiro de lettering na Biblioteca Municipal, dirixido a público a partir de 7 anos. As inscricións poden realizarse no teléfono 982 570 606 e as prazas son limitadas. Ás 19.30 horas celebraranse as II Xornadas de Violoncello, cunha conferencia de Adrián Pereiro, luthier, e a presentación do proxecto «Un chelo, catro historias», no salón de actos do Conservatorio.
A xornada completarase ás 20.00 horas co acto homenaxe «Hernán Naval» no Teatro Pastor Díaz, organizado por Colectivo Pensamento e Sementeira.
A Praza Maior será escenario o sábado 16 de maio, ás 12.00 horas, da actuación de Bágoas da Terra-Grupos Infantís, con Pinousa, Ledaíña e Abrende, ademais de seis pandeireteiras infantís. Pola tarde, ás 18.30 horas, terá lugar no salón de actos do Conservatorio o concerto do conxunto de violonchelos do CMUS de Viveiro e do CMUS da Coruña. Ás 20.00 horas, o Teatro Pastor Díaz será escenario da representación da obra «Oficina de Emprego», a cargo do Grupo de Teatro de Aspanane.
O domingo 17 de maio, ás 12.00 horas, levarase a cabo a interpretación do himno galego por parte David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro, na Praza Maior. A continuación terá lugar a actuación da Coral Alborada. Ademais, as librarías estarán abertas na Praza Maior. No caso de choiva, esta actividade celebrarase no Teatro Pastor Díaz. Pola tarde, ás 19.30 horas, o Teatro Pastor Díaz acollerá a representación da obra «Begoña Caamaño. O transgredir das ondas», con entrada de balde ata completar aforo.
Con esta programación, o Concello de Viveiro súmase á celebración das Letras Galegas cunha proposta que ten como obxectivo promover a lingua e a cultura galegas a través da música, da literatura, da escena e da participación cidadá.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 


