Pastoriza, 19 de maio, 2026. A Garda Civil detivo un veciño de Culleredo (A Coruña) como presunto autor de tres delitos continuados de roubo con forza cometidos no punto limpo de Pastoriza (Lugo).
A investigación iniciouse tras a denuncia presentada polos responsables das instalacións, ao detectar os candados fracturados e as portas do recinto abertas, comprobando posteriormente a falta de diverso material almacenado no interior.
Os roubos producíronse en tres días distintos do pasado mes de abril, aproveitando a ausencia de persoal e a escasa afluencia de persoas na zona.
As xestións realizadas polos axentes permitiron determinar o vehículo utilizado e identificar ao presunto autor grazas á análise das imaxes captadas polas cámaras de seguridade do punto limpo. O detido actuaba a cara descuberta e conta con numerosos antecedentes por feitos similares.
Ademais, os investigadores puideron comprobar varias vendas de lotes de chatarra que coincidían cos electrodomésticos e demais material subtraído nas instalacións.
A persoa detida, xunto coas dilixencias instruídas, foi posta a disposición da autoridade xudicial.


























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



